Novas

Novas

Programación de Xullo 2016

No hay comentarios

Este venres comezamos a programación de Xullo con “A Invasión dos ladróns de corpos”, e o vindeiro venres, achegarase á pantalla de Curtas “O arte de Vampirella” un magnífico documental sobre o cómic do mesmo titulo e os seus autores. Recordade que para que poidades disfrutar máis e millor da tarde e do sol, cambiamos a hora de proxección de 9 a 10 da noite. Esperámosvos alí. Non volo queredes perder!

xullo

Programación Xuño 2016

No hay comentarios

Agardando coñecer a programación das proxeccións de xuño? Pois aquí a tendes! 🙂

O menú deste mes está composto polos seguintes pratos:

Ao longo deste mes as proxeccións continuarán a ser de balde, así aproveitade e achegádevos a disfrutar dun bo rato de cine.

CurtasAC_Xuño2016_cartel_v02_72ppp

Compartide sen medo! 😉

Programación Maio 2016

No hay comentarios

Programación das proxeccións que faremos ao longo do presente mes de maio no Liceo Casino. Apuntade as datas na vosa axenda!

Ademáis, durante este mes…tódalas proxeccións serán DE BALDE! 🙂

CurtasAC_Maio2016_cartel_v03m01_72ppp

Compartídeo sen medo! 😉

Venres 6 ás 21h no Liceo Casino ‘reStart’

No hay comentarios

‘reStart’, curtametraxe coa que Olga Osorio gañou o premio a mellor dirección galega no ’43 Curtas Film Fest’. Poderedes vela mañá ás 21:00 no Liceo Casino xunto ao resto de curtas.

Non faltedes, a entrada é de balde!

 

‘reStart’ é unha curta de ciencia ficción sobre viaxes no tempo, escrita e dirixida por Olga Osorio. A protagonista, Andrea, está interpretada por Marta Larralde

Guión e dirección: Olga Osorio

facebook.com/restartshort

13133225_948530051927209_5181533263849718638_n

Comezamos as nosas proxeccions

No hay comentarios

O vindeiro venres, 6 de maio, as 21 horas comezamos as nosas proxeccions coas mellores curtametraxes vistas no Curtas Film Fest 2015.

Nos faltedes que a entrada é de balde!