Novas

Novas

Curtas 2018: Cartel e primeiros convidados confirmados

Non hai comentarios

Do 19 ao 28 de octubre celebraráse a 46 edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E BANDA DESEÑADA DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURTAS 2018. Un certame que contará nesta ocasión con tres días máis de programación e que estará dedicado á fantasía en xeral e en particular ao universo creado por J.R.R. Tolkien.

O cartel da presente edición é obra do afamado ilustrador ESTEBAN MAROTO, todo un referente da ilustración fantástica no noso país e que visitou o festival o pasado ano xunto a unha exposición do seu traballo. Maroto marcouse o obxetivo de dotar ao cartel dun acabado artesanal para que nunha ollada puiderase apreciar que foi realizado e coloreado completamente a man, sen intervención dixital.

Na ilustración podense apreciar diversos elementos da triloxía de “O Señor dos Aneis” nunha composición que serve de resumo á epopeya de Tolkien, sempre baixo a óptica e o estilo inconfundible e inigualable de Maroto.

(Fai click sobre a imaxen a continuación para descarregar o póster en alta resolución)

OS GRANDES ILUSTRADORES DA FANTASÍA VISITARÁN GALICIA

Tal e como se anunciou anteriormente, ESTEBAN MAROTO voltará a Curtas como o autor del cartel desta edición e traerá consigo os orixinais do mesmo, xunto a outras ilustracións que creou para o festival e que acompañarán as exposicións do Festival.

CIRUELO CABRAL, recoñecido mundialmente coma un dos máis importantes ilustradores e referentes da fantasía na arte será outro dos convidados de CURTAS 2018. A súa obra foi recopilada en volúmenes como “El gran libro del Dragón”, “Luz, el arte de Ciruelo”, “Magia, the Ciruelo Sketchbook”, “Hadas y Dragones”, “Infinito Interior” ou a serie iniciada con “Cuaderno de viajes”; ademáis de ilustrar innumerables libros como “Chronicles of the Shadow War” para George Lucas; revistas como Heavy Metal ou Playboy magazine; xogos de rol e cartas para empresas como Wizards of the Coast ou TSR; portadas de discos para artistas coma Steve Vai, nos álbumes “The 7th Song” e “The Elusive Light and Sound”, etc… A obra de Ciruelo Cabral poderase admirar nunha das exposicións do festival do 5 de outubro ao 1 de decembro.

JOHN HOWE, o artista que ilustrou en innumerables ocasións a obra de Tolkien e que foi un dos responsables dos deseños conceptuais das adaptacións dirixidas por Peter Jackson tamén estará presente en CURTAS 2018 onde introducirá a proxección da triloxía de “O Señor dos Aneis”  e protagonizará un evento único en Europa xunto a Ciruelo Cabral baixo o título “Imaxinando Dragóns”. Ademáis de realizar cubertas para libros, cartas, xogos, etc, Howe chegou a aparecer no prólogo do primeiro dos filmes, “A Comunidade do Anel”, onde encarnou a un dos Reis dos Homes. Para o cinema tamén realizou deseños conceptuais para filmes como “As Crónicas de Narnia: O león, a bruxa e o armario” ou “King Kong”, tamén dirixida por Peter Jackson, con quen ten pendiente de estrea a súa derradeira colaboración “Mortal Engines”.

Pronto daremos a coñecer os nomes de outros convidados de CURTAS 2018.

OBRAS A CONCURSO

O prazo de recepción de obras para as seccións a concurso (curtametraxes, largometraxes, e por primera vez video-creación, documental e experimental) remata o vindeiro 1 de agosto.

A 46 edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E BANDA DESEÑADA DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURTAS 2018 conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa.

III Xornadas de Xogos de Rol & Taboleiro

Non hai comentarios

Este mes de abril chega a terceira edición das Xornadas de Xogos de Rol & Taboleiro de Vilagarcía de Arousa organizadas por Curtas!

Desta volta, ademáis das mesas con diferentes xogos de taboleiro e as partidas de rol, contaremos con algunhas novidades, como partidas de rol en vivo, presentacións de xogos, photocall, sección de videoxogos e mesmo un punto de venta do noso habitual colaborador Alita Comics, novidades que podedes consultar no programa, xusto a continuación destas liñas.

Agardámosvos!!

Xornadas-Poster-web

Programa das xornadas

Venres 20 de abril

– PROXECCIÓN: EL UMBRAL DEL JUEGO (MAZES & MONSTERS, 1982)
21:00 | Socios Gratis | Socios por un día: 2€

Cando en 1980 un estudante da Universidade de Pensylvania desaparece misteriosamente, descubrese que pertencía a un grupo de estudantes obsesionados por un xogo fantástico: “Mazes and Monsters”. Xuntos crearon un mundo ficticios repleto de monstros e tesouros deslumbrantes, pero foron un paso máis aló do permitido levando o xogo á realidade.

Director: Steven Hilliard Stern | Guión: Tom Lazarus (baseado na novela de Rona Jaffe)
Reparto:  Tom Hanks, Wendy Crewson, David Wallace, Chris Makepeace, Lloyd Bochner, Peter Donat…

 

Sábado 21 de abril

Apertura de portas ás 16:00

 

XOGOS DE ROL

– Los esoterroristas
16:30 | 5 xogadores

Recoméndase pre-inscribirse deixando un comentario no evento na nosa páxina de Facebook.

– Dungeons & Dragons: “Viaxe a Phandalin”
17:00 | 6 xogadores | Prioridade a xente que nunca xogara con anterioridade.

Recoméndase pre-inscribirse deixando un comentario no evento na nosa páxina de Facebook.

ROL EN VIVO

– O caso Monroe
20:00 | 11 xogadores

Recoméndase pre-inscribirse deixando un comentario no evento na nosa páxina de Facebook.

 

MAGIC THE GATHERING

– Torneo Magic formato Modern
17:00 a 21:00 | 20 prazas | Inscripción gratuita a través da nosa páxina de Facebook

É preciso amosar listado de mazo e banquillo antes do comezo do torneo
Os premios axustaranse en función do número de xogadores

 

WARGAMES

Battletech
– Blood Bowl
– Necromunda Underhive

 

XOGOS DE MESA E TABOLEIRO

– Múltiples mesas con acceso libre á ludoteca de Curtas Rol & Roll:

  • 7 Wonders
  • Alta Tensión
  • Anima
  • Bang!
  • Black Stories
  • Carcassonne
  • Ciudadelas
  • Código Secreto
  • Catán
  • Descent
  • Dungeons & Dragons (xogo de taboleiro)
  • Hero Realms
  • Jaipur
  • Kingz
  • ¡Koalas al tren!
  • Land of Rivals
  • Mansiones de la Locura
  • Munchkin Cthulhu
  • Munchkin Zombies
  • Saboteur
  • ¡Si, señor oscuro!
  • Star Wars: Imperio vs Rebelión
  • Wake up Cthulhu!
  • Zombies I, II, III y IV

 

VIDEOXOGOS

Tekken 7
17:00 a 21:00 | PlayStation 4

– Welcome to the D&D World!
17:00 a 21:00 | Zona retrogramer con los juegos clásicos de arcade de Capcom:

  • Dungeons & Dragons: Tower of Doom (Capcom, 1993)
  • Dungeons & Dragons: Shadow over Mystara (Capcom, 1996)

 

STANDS

Alita Comics (17:00 a 21:00)

 

 

Domingo 22 de abril

Apertura de portas ás 16:00

 

XOGOS DE ROL

Dungeons & Dragons: “Un descanso interrumpido”
17:00 | 6 xogadores | Prioridade a xente que nunca xogara con anterioridade.

Recoméndase pre-inscribirse deixando un comentario no evento na nosa páxina de Facebook.

 

ROL EN VIVO

O caso Monroe
20:00 | 11 xogadores

Recoméndase pre-inscribirse a través da nosa páxina de Facebook

 

MAGIC THE GATHERING

Torneo Magic formato Modern
17:00 a 21:00 | 20 prazas | Inscripción gratuita a través da nosa páxina de Facebook

É preciso amosar listado de mazo e banquillo antes do comezo do torneo
Os premios axustaranse en función do número de xogadores

 

WARGAMES

Infinity (Demostración a cargo de Corvus Belli)
Aristeia! (Demostración a cargo de Corvus Belli)
– Battletech
– Blood Bowl
– Necromunda Underhive

 

XOGOS DE MESA E TABOLEIRO

– Múltiples mesas con acceso libre á ludoteca de Curtas Rol & Roll:

  • 7 Wonders
  • Alta Tensión
  • Anima
  • Bang!
  • Black Stories
  • Carcassonne
  • Ciudadelas
  • Código Secreto
  • Catán
  • Descent
  • Dungeons & Dragons (xogo de taboleiro)
  • Hero Realms
  • Jaipur
  • Kingz
  • ¡Koalas al tren!
  • Land of Rivals
  • Mansiones de la Locura
  • Munchkin Cthulhu
  • Munchkin Zombies
  • Saboteur
  • ¡Si, señor oscuro!
  • Star Wars: Imperio vs Rebelión
  • Wake up Cthulhu!
  • Zombies I, II, III y IV

 

VIDEOXOGOS

– Tekken 7
17:00 a 21:00 | PlayStation 4

– Welcome to the D&D World!
17:00 a 21:00 | Zona retrogramer con los juegos clásicos de arcade de Capcom:

  • Dungeons & Dragons: Tower of Doom (Capcom, 1993)
  • Dungeons & Dragons: Shadow over Mystara (Capcom, 1996)

 

STANDS

– Alita Comics (17:00 a 21:00)

 

 

Torneo FIFA18

Non hai comentarios

Xa falta moi pouco para que o balón bote a rodar na pantalla de Curtas!

Para podervos inscribir, enviade un correo electrónico cos vosos datos a info@curtas.org, indicando no asunto “Torneo FIFA18” e engadindo no corpo de texto do correo o voso nome, apelidos, DNI e número de teléfono. O prazo de inscripción por correo remata o venres 23 ás 23:59. No caso de quedar prazas dispoñibles, tamén poderedes facelo o mesmo día no Liceo-Casino, a partir das 10:30, xusto antes de dar comezo o mesmo.

Lembrade:

Sábado 24 de febreiro, a partir das 11:30

Liceo-Casino de Vilagarcía

Inscripción: 3€ persoa

Premio en metálico baseado nas inscripcións

 

A continuación podedes consultar as BASES DO TORNEO:

1.- SOBRE O TORNEO
– 1.1. O Torneo FIFA18 está organizado por Curtas Asociación Cultural, no cal os participantes poderán competir no videoxogo FIFA18 de Electronic Arts na plataforma PlayStation 4, instalada na sala de proxeccións sita no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa, previa inscripción por correo electrónico ou o mesmo día do torneo.

2.- CONDICIONS PARA A PARTICIPACIÓN NO TORNEO
– 2.1. O torneo está aberto a todo o mundo (non é preciso ser socio de Curtas Asociación Cultural ou do Liceo-Casino) e a xente tódalas idades.
– 2.2. Deberá aceptar as bases do torneo. A participación supon a aceptación plena e incondicional de todalas bases.
– 2.3. Precio da inscripción: 3 € por persoa.
– 2.4. A inscripción realizaráse, ata compretar prazas (32 participantes), enviando un correo electrónico cos datos personais (nome, apelidos, DNI e teléfono) a info@curtas.org. O prazo de inscripción por correo remata o venres 23 ás 23:59. No caso de quedar prazas vacantes, poderase facer tamén o mesmo día do torneo a partir das 10:30 am, unha hora antes de dar comezo este (ás 11:30 am).

3.- REGLAS DO TORNEO
– 3.1. Os participantes xogarán por turnos nuhna consola PlayStation 4 con mandos Dual Shock 4, conectada a un proxector HD nunha pantalla de 6 metros instalada no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.
– 3.2. Todolos partidos xogaranse en modo PARTIDO RÁPIDO (10 minutos, 5 minutos cada parte).
– 3.3. Os xogadores poderan levar o seu propio mando se así o prefiren, podéndose mapear este co método de control clásico (a configuración por defecto do FIFA) ou o método de control alternativo (estilo Pro Evolution Soccer).
– 3.4. Na modificación das aliñacións soamente poderase empregar 1 minuto ao principio do partido e outro minuto para os cambios da 2ª parte.
– 3.5. As plantillas non se poderán actualizar ou modificar.
– 3.6. Para competir no torneo poderase elexir calqueira equipo seleccionable dos dispoñibles no FIFA18.
– 3.7. Decidirase por sorteo que xogadores actuarán de local e visitante.
– 3.8. Calqueira xogador pode ser expulsado do torneo por non empregar na partida o que o coordinador do torneo considere falta de xogo limpo.
– 3.9. O torneo ten un formato semellante ao do Mundial de Futbol ou a Eurocopa, constando de dúas rondas: unha primeira ronda na que os xogadores quedan organizados en diferentes grupos, nos que disputan unha liguilla a un único enfrentamento con cada contrincante, e unha segunda ronda onde os clasificados da ronda anterior enfrentanse fases sucesivas a eliminación directa. O número de grupos e fases eliminatorias (dezaseisavos, oitavos, cuartos, etc) dependerá da cantidade de xogadores inscritos.
– 3.10. En caso de empate entre dous ou máis equipos na fase de grupos, terase en conta primeiro o enfrentamento directo entre eles (en caso de ser soamente dous xogadores), en segundo lugar o goal-average xeral (diferencia entre goles anotados e recibidos) e en terceiro lugar o que máis goles metera. De persistir o empate, xogaranse o pase nunha tanda de penaltis.
– 3.11. En caso de empate nos partidos da segunda ronda, o partido decidirase en tanda de penaltis.
– 3.12. Para realizar un cambio táctico durante o partido, sóamente poderá facerse cando o
tempo de xogo está parado (falta, saque de banda, etc…), tendo 30 segundos para levalo a cabo.
– 3.13. No caso de que un xogador non se atope presentase no momento de ser convocado para xogar, agardaránse 3 minutos e, se non aparece nese tempo, o seu oponente gañará directamente o partido.

4.- CALENDARIO DO TORNEO

– 4.1. O Torneo FIFA18 terá lugar o sábado 24 de febreiro a partir das 11.30 da mañá no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.

5.- PREMIO

– 5.1. Haberá un único premio en metálico para o gañador, baseado na recaudación das inscripcións.
– 5.2. A entrega do premio farase xusto despois de finalizar este.

6. TRATAMENTO DOS DATOS PERSONAIS

– 6.1. Os datos personais que Curtas Asociación Cultural reciba dos participantes serán tratados de acordo coa legislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. Os datos dos participantes serán empregados por Curtas Asociación Cultural para contactar aos participantes e, unha vez finalizado o evento, ditos datos serán destruidos.

Curtas 2018: Concurso de Contos de Fantasía en Galego

Non hai comentarios

Como o Curtas Fest 2018 estará adicado á Fantasía en xeral, e ao cautivador mundo creado por J.R.R. Tolkien para ‘O Señor dos Aneis’ e ‘O Hobbit’ en particular, poñemos en marcha un concurso de contos de fantasía en galego que, ademáis de rendir homenaxe ao autor británico, trasladará a Galicia a súa mitoloxía e criaturas. Porque a Terra Media ben podería ser o noso máxico país.

Leer máis »

Curtas 2018 xa ten leitmotiv!

Non hai comentarios

Cando estamos a piques de entrar na recta final das exposicións, o equipo de Curtas xa está argallando os primeiros contidos de Curtas 2018 que estará adicado á fantasía e a O Señor dos Aneis en particular, coincidindo co 45 aniversario do falecemento do seu creador JRR Tolkien.

Agardámosvos en outubro de 2018!

Curtas 2017 presenta o póster oficial da súa 45 edición e os primeiros detalles do festival

Non hai comentarios

  • Ángel Sala, director do festival de Sitges, os ilustradores Juan Giménez e Luis Royo, e o realizador de Airbag, Juanma Bajo Ulloa, son os primeiros invitados confirmados polo Festival
  • Curtas 2017 acollerá varias exposicións, entre elas unha adicada ao universo de Star Wars e outra coa obra do ilustrador afincado en Cataluña, Luis Royo

O Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, Curtas 2017, presenta o cartel oficial da súa 45 edición, que se celebrará do 23 ao 29 de octubre de 2017 na localidade costeira galega, e que ademáis de estar adicada á ciencia ficción, celebrará o 40 aniversario de Star Wars.

Por tal motivo o cartel, obra do célebre ilustrador arxentino JUÁN GIMÉNEZ, quen volverá a estar presente no festival este ano, amosa varios elementos do cine de ciencia ficción xunto a unha poderosa figura feminina ataviada con unha futurista armadura, ao máis puro estilo da obra do autor de La Casta de los Metabarones.

Como ven sendo habitual nesta nova etapa, o CURTAS 2017 aunará durante unha semana o séptimo e o noveno arte nun evento multitudinario e multidisciplinar, que contará con grandes invitados, exposicións, proxeccións a concurso, retrospectivas, encontros, sesións de firmas, presentacións, e moitas cousas máis.

Entre os primeiros invitados de CURTAS 2017 atópanse ÁNGEL SALA, director do Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges, que celebra este ano o séu 50 aniversario, quen impartirá unha charla e presentará unha película en conmemoración de dito evento; o recoñecido ilustrador LUIS ROYO será outro dos grandes invitados, protagonizando ademáis unha das grandes exposicións do certame; JUANMA BAJO ULLOA, director de filmes coma Airbag, Alas de mariposa ou  La madre muerta, tamén estará presente no festival, e recibirá un dos premios honoríficos deste ano.

Para conmemorar o 40 aniversario de Star Wars, outra das exposicións que poderán visitarse durante el festival, e que comezará a súa andadura en Vilagarcía, estará adicada ao universo da saga creada por George Lucas e contará con varias figuras a tamaño real de diferentes personaxes, xunto a varios elementos de escenografía e utilería vistos nas películas, creadas polo artesán valencian Hector José Vela, do estudio Awesome Props.

Coma sempre, todalas actividades do festival, proxeccións, exposicións, sesións de firmas, encontros, etc. serán de entrada totalmente gratuita para o público asistente.

O festival pechou diferentes acordos con entidades coma Renfe, para facilitar a asistencia ao festival de todos aqueles que o desexen. Nas vindeiras semanas daránse ás indicacións necesarias para poder beneficiarse destes descontos, así coma a programación completa do festival, listaxe completa de invitados, actividades paralelas, exposicións, etc.

Ata o 15 de agosto estará abertoa recepción de curtametraxes e longametraxes a concurso para o CURTAS 2017. As obras pódense enviar a través das plataformas ClickForFestivals, Festhome, Filmfreeway e Movibeta.

CURTAS 2017, Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, está organizado pola asociación cultural sen ánimo de lucro Curtas, e conta co patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra e o Liceo Casino de VIlagarcía.

Para máis información sobre CURTAS 2017, visita a páxina web do festival www.curtas.org/festival ou os diferentes perfís en redes sociais @CurtasAC

CURTAS E VILAGARCÍA DE AROUSA

Nado como Festival de Cine Aficionado de Vilagarcía en 1973, o CURTAS celebrase ininterrumpidamente dende hai 44 anos en Vilagarcía de Arousa. É o festival cinematográfico decano de Galicia e un dos certámenes con máis tradición da Península Ibérica. Próximo a cumplir o seu cuadraxésimo quinto aniversario, o que comezóu sendo un certame de cine aficionado creado polos entusiastas socios do Liceo de Vilagarcía, transformóuse nunha celebración da chamada “cultura popular” a través do cine, a banda deseñada, a música, etc.

A localidade costeira de Vilagarcía de Arousa está situada na comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra. A cidade es hoxe un dos núcleos turísticos claves de Galicia grazas a súa excepcional ubicación que dota ao enclave dun clima moi favorable que permite disfrutar da beleza do seu paisaxe e praias. Ofrece ademáis unha grande oferta de servizos e posibilidades de ocio, destacando a súa exquisita gastronomía e os seus viños. Moi ben comunicada, a tan só 45 km de Santiago de Compostela ou Vigo, Vilagarcía é máxica, e as súas xentes hospitalarias e soñadoras.

Ti tamén podes ser socio de Curtas!

Non hai comentarios

Hoxe recibimos unha visita doutra galaxia para facerse socio de Curtas!

19702159_1336729053107305_4522840946913257362_n
TI TAMEN PODES FORMAR PARTE DE CURTAS por tan só 2,5€ mes❗❗❗

✅ Proxeccións semanais (con aperitivo incluído)
✅ Uso da sala de xogos (dispón de neveira con bebidas, aparato de música, e por suposto xogos)
✅ Prestamo de filmes, libros e cómics do arquivo
✅ Participa activamente na programación da asociación coas túas suxerencias

+ Info en www.curtas.org/faitesocio our por whatsapp! 👉 653378415

Bases Ginkana Terrorífica Curtas 2016

Non hai comentarios

CURTAS FILM FEST organiza la GINKANA TERRORÍFICA en la 44 Edición del Festival. Dicho acto va dirigido a personas de todas las edades. El concurso se regirá por las presentes bases, con participación completamente gratuita. El día de celebración será el 31 de octubre 2016.

Leer máis »