Novas

Novas

Programación Maio 2018

Non hai comentarios

MAY2018_WEBEste mes de maio homenaxearemos a Queen con Hungarian Rhapsody, un directo en Budapest do ano 1986, cun Freddie Mercury pletórico, nun dos mellores momentos da súa voz e cunha banda en plena forma, acompañados de máis de 100 mil espectadores que fará vibrar o equipo de son ata cotas insospeitadas e abraiantes! Tamén disfrutaremos de Barfly (El borracho) un drama biográfico escrito por Charles Bukowski, dirixido por Barbet Schroeder e con Mickey Rourke e Faye Dunaway, que estivo nomeado entre outros á Palma de Ouro no Festival de Cannes, aos Globos de Ouro e nos Independent Spirit Awards.

Ao remate de maio, na proxección de Barfly compartiremos convosco novidades da asociación que de seguro serán do voso agrado. Apertas a todos e grazas por acompañarvos nesta viaxe que tan só comezou fai dous anos e ten un gran futuro por diante!!!

Programación de Abril 2018

Non hai comentarios

Aquí vos deixamos a programación do mes de abril, con dous eventos especiais: as III Xornadas de Xogos de Rol e Taboleiro de Vilagarcía e un maratón con Terminator e Terminator 2 en sesión Cervexa & Pizza.

ABR2018_w

Xornadas-Poster-web

Programación de Marzo 2018

Non hai comentarios

Aquí vos deixamos a programación de marzo, cunha homenaxe ao noso querido Guillermo del Toro, flamante gañador do Oscar á mellor dirección e mellor película.

032018

Programación de xaneiro 2018

Non hai comentarios

Logo dos excesos das festas de Nadal, Xaneiro adoita ser un mes complicado. Por iso comezamos o ano derrubando muros e abrindo as portas da nosa Cinemateca para ofrecer tres espectaculares sesións, que farán as delicias dos amantes da música e o cinema. Para que probes as vantaxes de ser socio da Asociación Cultural Curtas, e coñezas de primeira man o que te estiveches a perder todo este tempo.

Todas as proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do Liceo Casino de Vilagarcía, agas CINE GALICIA X BRASIL que terá lugar no Salón García.

Podes facerte socio en www.curtas.org/faitesocio/

Unha ollada ao 2017

Non hai comentarios

Agora que o 2017 achégase ao seu remate, botamos unha ollada a todas as actividades feitas pola asociación neste intenso ano  que deixamos atrás coa vista posta no 2018.

Fai clic na imaxe para ver o PDF.

Memoria-2017

Ainda non eres socio. Xuntos podemos facer moitas máis cousas. Faite socio aquí.

Programación de decembro 2017

Non hai comentarios

En continuamos cos ciclos adicados a Alfred Hitchcock,  coa proxección de Psicose (Psycho), e o Cyberpunk, con Días estranos (Strange Days). Ademáis as proxeccións de Detour e A horda (La horde) completan a programación. Esperámosvos!

Todas as proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do Liceo, e agas que se indique o contrario, son de balde só para os socios da asociación, ainda que tamen podes facerte socio por un día por tan só 2€.

Podes facerte socio en www.curtas.org/faitesocio/

DECEMBRO2017w

Programación de novembro

Non hai comentarios

Tras o festival, Curtas retoma a súa actividade habitual en novembro co arranque de dous ciclos. Un adicado a Alfred Hitchcock que arranca coa proxección de Os paxaros (The Birds), e outro centrado no Cyberpunk que comezará con Johnny Mnemonic. A proxección do filme Chamando ás portas do ceo (Knockin’ on Heaven’s Door) completa a programación dun mes no que tamén teremos unha nova edición do obradoiro de curtametraxes, para o que podes apuntarte ata o martes 14 no Concello , que dará comezo o vindeiro día 17. Esperámosvos!

Todas as proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do Liceo, e agas que se indique o contrario, son de balde só para os socios da asociación, ainda que tamen podes facerte socio por un día por tan só 2€.

Podes facerte socio en www.curtas.org/faitesocio/

Apaisado

PequeCurtas: Cine para celebrar o comezo das vacacións

Non hai comentarios

Chega o verán. Rematan as clases. E para celébrar o comezo dás vacacións presentámosvos PequeCurtas, catro días cunha selección de grandes filmes de animación para o disfrute de grandes e pequenos. Esperámosvos do 26 ao 29 de xuño!Todas as proxeccións terán lugar de luns a xoves ás 17 horas no Liceo. A entrada coma sempre gratuita para os socios. Se ainda non te asociaches, podes facelo por un día por tan só 2 euros.

PequeCurtas Xuño

 

 

Programación de xuño

Non hai comentarios

En xuño Curtas acolle toda unha festa do cine para todos os gustos. Da comedia ao drama pasando polo terror e o musical. E atención á proxección sorpresa. Aconsellámosvos que non a deixedes pasar… Esperámosvos.

Todas as proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do Liceo, e agas que se indique o contrario, son de balde só para os socios da asociación, ainda que tamen podes facerte socio por un día por tan só 2€.

Podes facerte socio en www.curtas.org/faitesocio/

Poster-XUNO-W