Cinemateca

Cinemateca

Curtas-Cinemateca

Curtas Cinemateca é un punto de encontro para os amantes do séptimo arte, ben sexan afeccioados, estudantes ou profesionais da industria cinematográfica a través de proxeccións semanais e distintas actividades relacionadas co audiovisual.

Todas as semanas, a Cinemateca organiza proxeccións para os socios de todos os xéneros, dende o cinema fantástico ao drama, pasando pola comedia, o western, o musical, etc. Estas proxeccións realízanse habitualmente en versión orixinal subtitulada ao castelán, ainda que ocasionalmente tamén se fan proxeccións en versión dobrada.

O terceiro venres de cada mes, celébrase a Pantalla Aberta. Un día no que os socios elixen o filme a proxectar, podendo invitar á proxección a todos aqueles que o desexen.

Os socios de Curtas teñen a súa disposición unha videoteca de títulos en DVD e Bluray, que se actualiza frecuentemente, e dos que poden dispor en préstamo para o seu visionado.

Todas as proxeccións de Curtas Cinemateca realízanse dentro da legalidade, contando cos permisos necesarios para a súa proxección, tanto se están recollidas baixo a Licencia Umbrella MPLC Nº 10178, coma se teñen que ser negociadas co seu distribuidor.