Events

Events

Presentación da novela “Negruña” de Xosé Duncan

  • Date:2016-05-14
  • Time:07:30
  • Location:Cervecería Gaël, Vilagarcía de Arousa
  • Venue:Presentación da novela "Negruña"

O vindeiro sábado 14 de maio, as 19:30 horas, na Cervecería Gaël o Ateneo Mar de Arousa, Curtas A. C. e Xuventude Activa en Sinerxia convidante á presentación da novela “NEGRUÑA” do vilagarcián Xosé Duncan. Contaremos coa presenza do autor e de seguido levarase a cabo o coloquio “Fantasía e ciencia ficción na literatura galega actual”.

Non faltes!

“Unha cidade non é máis que o reflexo das almas dos seus habitantes e, cando unha podrece, as outras déixanse arrastrar até o extremo máis escuro e vil. Pasaron moitos séculos desde que A Coruña se converteu en Negruña, deseñada e pensada para ser máis eficaz dentro da economía do Consorcio de Cidades, mais gobernada e dirixida polos mesmos ineptos de sempre. As súas rúas xa non brillan alén das horas de luz permitidas polo Concello e a súa xente vive co temor perpetuo de que clausuren os seus fogares porque, malia que ninguén se atreva a dicilo publicamente, a clausura significa o exterminio dos distritos non produtivos, daqueles que acadaron cotas de desemprego superiores ás permitidas.Porén, cando a corda se tensa tanto que está a piques de romper, neses días nos que nada semella recuperábel, será o momento en que aparezan heroes anónimos capaces de liderar exércitos”.

Título: Negruña
Autor: Xosé Duncan
Edita: Urco Editora
Nº de páxinas: 321
Formato: 155 x 230 mm
ISBN: 978-84-15699-87-3
Prezo: 19 €