Events

Events

Salvados e Jordi Évole presentan “ASTRAL”

  • Date:2016-10-16
  • Time:20:00
  • Location:Salón García, Vilagarcía de Arousa
  • Venue:Salvados e Jordi Évole presentan "ASTRAL"

O vindeiro 16 de outubro, as 20 horas proxectaremos no Salón García o documental realizado por Salvados e Jordi Évole “ASTRAL”, a historia dun veleiro de luxo convertido nun barco para refuxiados.

A entrada terá un custo de 5€ que se entregarán directamente a ONG ProActiva Open Arms.

SINOPSE:
O “Astral” é un veleiro de 30 metros construido nos anos 70 que sempre se usou como un luxoso barco de recreo. Ata que na pasada primaveira o seu dono, conscente de que nese mesmo mar polo que navegaba morrían cada ano miles de refuxiados intentando chegar a Europa, cedeuno a ONG ProActiva Open Arms. Tras un complexo proceso de remodelación, o “Astral” converteuse en barco de vixilancia e salvamento e zarpou rumbo as costas de Libia para levar a cabo a que sería a súa primeira misión de rescate cun equipo de Salvados a bordo. “Astral é a primeira experiencia de Jordi Évole e o seu equipo no cinema.

Coa intervención da primera tripulación do “Astral”: Andreu Rul·lan, Óscar Camps, Iñaki Rul·lan, Rafa Bethencourt, Fernando Pujol, Guillermo Cañardo, Joaquín Acedo, Savvas Kourepinis, Marco Antonio López. E a colaboración de: Livio Lo Monaco e Ricard García Vilanova.