Curtas 2017 presenta o póster oficial da súa 45 edición e os primeiros detalles do Festival

  • Ángel Sala, director do festival de Sitges, os ilustradores Juan Giménez, autor do cartel, e Luis Royo, e o realizador de Airbag, Juanma Bajo Ulloa, son os primeiros invitados confirmados polo Festival
  • Curtas 2017 acollerá varias exposicións, entre elas unha adicada ao universo de Star Wars e outra coa obra do ilustrador afincado en Cataluña, Luis Royo

O Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, Curtas 2017, presenta o cartel oficial da súa 45 edición, que se celebrará do 23 ao 29 de octubre de 2017 na localidade costeira galega, e que ademáis de estar adicada á ciencia ficción, celebrará o 40 aniversario de Star Wars.

Por tal motivo o cartel, obra do célebre ilustrador arxentino JUÁN GIMÉNEZ, quen volverá a estar presente no festival este ano, amosa varios elementos do cine de ciencia ficción xunto a unha poderosa figura feminina ataviada con unha futurista armadura, ao máis puro estilo da obra do autor de La Casta de los Metabarones.

Como ven sendo habitual nesta nova etapa, o CURTAS 2017 aunará durante unha semana o séptimo e o noveno arte nun evento multitudinario e multidisciplinar, que contará con grandes invitados, exposicións, proxeccións a concurso, retrospectivas, encontros, sesións de firmas, presentacións, e moitas cousas máis.

Entre os primeiros invitados de CURTAS 2017 atópanse ÁNGEL SALA, director do Festival Internacional de Cine Fantástico de Sitges, que celebra este ano o séu 50 aniversario, quen impartirá unha charla e presentará unha película en conmemoración de dito evento; o recoñecido ilustrador LUIS ROYO será outro dos grandes invitados, protagonizando ademáis unha das grandes exposicións do certame; JUANMA BAJO ULLOA, director de filmes coma Airbag, Alas de mariposa ou  La madre muerta, tamén estará presente no festival, e recibirá un dos premios honoríficos deste ano.

Para conmemorar o 40 aniversario de Star Wars, outra das exposicións que poderán visitarse durante el festival, e que comezará a súa andadura en Vilagarcía, estará adicada ao universo da saga creada por George Lucas e contará con varias figuras a tamaño real de diferentes personaxes, xunto a varios elementos de escenografía e utilería vistos nas películas, creadas polo artesán valencian Hector José Vela, do estudio Awesome Props.

Coma sempre, todalas actividades do festival, proxeccións, exposicións, sesións de firmas, encontros, etc. serán de entrada totalmente gratuita para o público asistente.

O festival pechou diferentes acordos con entidades coma Renfe, para facilitar a asistencia ao festival de todos aqueles que o desexen. Nas vindeiras semanas daránse ás indicacións necesarias para poder beneficiarse destes descontos, así coma a programación completa do festival, listaxe completa de invitados, actividades paralelas, exposicións, etc.

Ata o 15 de agosto estará abertoa recepción de curtametraxes e longametraxes a concurso para o CURTAS 2017. As obras pódense enviar a través das plataformas ClickForFestivals, Festhome, Filmfreeway e Movibeta.

CURTAS 2017, Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, está organizado pola asociación cultural sen ánimo de lucro Curtas, e conta co patrocinio do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra e o Liceo Casino de VIlagarcía.

Para máis información sobre CURTAS 2017, visita a páxina web do festival www.curtas.org/festival ou os diferentes perfís en redes sociais @CurtasAC

CURTAS E VILAGARCÍA DE AROUSA

Nado como Festival de Cine Aficionado de Vilagarcía en 1973, o CURTAS celebrase ininterrumpidamente dende hai 44 anos en Vilagarcía de Arousa. É o festival cinematográfico decano de Galicia e un dos certámenes con máis tradición da Península Ibérica. Próximo a cumplir o seu cuadraxésimo quinto aniversario, o que comezóu sendo un certame de cine aficionado creado polos entusiastas socios do Liceo de Vilagarcía, transformóuse nunha celebración da chamada “cultura popular” a través do cine, a banda deseñada, a música, etc.

A localidade costeira de Vilagarcía de Arousa está situada na comarca do Salnés, na provincia de Pontevedra. A cidade es hoxe un dos núcleos turísticos claves de Galicia grazas a súa excepcional ubicación que dota ao enclave dun clima moi favorable que permite disfrutar da beleza do seu paisaxe e praias. Ofrece ademáis unha grande oferta de servizos e posibilidades de ocio, destacando a súa exquisita gastronomía e os seus viños. Moi ben comunicada, a tan só 45 km de Santiago de Compostela ou Vigo, Vilagarcía é máxica, e as súas xentes hospitalarias e soñadoras.