Curtas 2017: Palmarés

Curtas 2017 chegou ao seu remate, ainda que as exposicións continuarán abertas ata o 10 de decembro. Moitas grazas Vilagarcía pola acollida dunha edición que só podemos considerar coma un éxito. Damos tamén as grazas ao equipo que fai posible ano a ano o festival: Oscar Agra, Abel Bao, Alex Calviño, Carlos Dalmeida, Javier Toriello, Domingo Santamaría e Luis M. Rosales. Grazas tamen a Javier Aldariz e Ovidio por botarnos unha man; a Richard da Malquerida e a todos os miembros de Ahituvi; a Diego e a Guía de Arousa; a todos os colaboradores que puxeron o seu graniño de area nesta edición, destacando especialmente aos amigos de Echo Base 28 e a Alita Cómics. Moitisimas grazas a María de Fasterprint polas súas imprescindibles impresións. Grazas tamen a Juanma Bajo Ulloa, Jesús Merino, Esteban Maroto, Luis Royo, Rómulo Royo e Juan Giménez por ser una invitados inesquecibles. E para rematar grazas ao Liceo Casino, a Deputación de Pontevedra e ao Concello de Vilagarcía, en especial a Sonia Outon pero tamen aos traballadores que nos botaron unha man imprescindible, por apoiar esta actividade que trata de achegar a cultura pop a nosa Vila. Grazas por todo e ata o ano que ven.

Premios Curtametraxes:

Mellor curta animación: IN A HEARTBEAT (Beth David e Esteban Bravo/ Est. Unidos, 2017)

Mellor curta galega: O REBELDE (Oscar Doviso/ España, 2016)

Mellor curta internacional: LE MÉCÈNE (Lionel Auguste, Francia, 2016)

Mellor directora galega: EL VISITANTE (Noelia Muiño, 2017)

Premios longametraxes:

Mellor película: A MÃE É QUE SABE (Nuno Rocha, Portugal, 2016)

Mellor director: Nuno Rocha (A MÃE É QUE SABE, Portugal, 2016)

Mellor guión: Alberto Utrera, Sergio Granda e Carlos Soria por SMOKING CLUB (Alberto Utrera, España, 2017)

Mellor interpretación: Rodrigo Poison por SMOKING CLUB (Alberto Utrera, España, 2017)

Premio especial do xurado: MARISA EN LOS BOSQUES (Antonio Morales, España, 2016)

Premio do Público: SMOKING CLUB (Alberto Utrera, España, 2017)