Curtas 2018: Concurso de Contos de Fantasía en Galego

GAÑADORES E FINALISTAS

Xa temos os gañadores do concurso de Contos de fantasía en galego,
E SE A TERRA MEDIA FORA GALICIA?

O xurado composto por Jorge del Oro, Xosé Duncan e Josué Ramos elixiron, por unanimidade, como gañadores os seguintes relatos:

Anacos, de Andrés López Blanco
Perennis e Caducifolios, de Andrea Fernández Maneiro
O segredo de Héj, de Tito Pérez Pérez

Quedan como finalistas:

Aliaxe, de Alicia Rodríguez Massó
Aurum, de Francisco José Bouzas Patiño
Gandalf na terra dás meigas, de Sandra Fernández Cardalda
Maldra de Armintia, de Ilda Luaces Torre
Moria-Arousa, de Xurxo Esquío
O cabaleiro dos corvos, de Kiko Karballo
Un 16 de agosto da Cuarta Idade do Sol, de Bruno Álvarez Suárez

Noraboa aos gañadores e finalistas e moitas grazas a todos por participar!


Como o Curtas Fest 2018 estará adicado á Fantasía en xeral, e ao cautivador mundo creado por J.R.R. Tolkien para ‘O Señor dos Aneis’ e ‘O Hobbit’ en particular, poñemos en marcha un concurso de contos de fantasía en galego que, ademáis de rendir homenaxe ao autor británico, trasladará a Galicia a súa mitoloxía e criaturas. Porque a Terra Media ben podería ser o noso máxico país.

O xurado, composto por Jorge del Oro, Xosé Duncan e Josué Ramos, elixirá 10 contos que se publicarán nun volumen que se presentará na 46 edición do Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2018.

Os contos deberán ser inéditos, escritos en galego, e ambientados en Galicia, valorandose a inclusión da Comarca do Salnés e de Vilagarcía de Arousa, así como a utilización da mitoloxía e as criaturas creadas por Tolkien. Presentaranse en formato .DOC por correo electrónico a contos@curtas.org. A extensión máxima será de 5.000 palabras e a mínima de 2.000 palabras, cun tamaño de letra 12, e sen interliñado especial. O prazo para presentar os contos rematará o 30 de Abril de 2018.

Os gañadores daránse a coñecer o 17 de maio de 2018.

Para máis información: http://curtas.org/festival/contos/