Curtas 2018: Cartel e primeiros convidados confirmados

Do 19 ao 28 de octubre celebraráse a 46 edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E BANDA DESEÑADA DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURTAS 2018. Un certame que contará nesta ocasión con tres días máis de programación e que estará dedicado á fantasía en xeral e en particular ao universo creado por J.R.R. Tolkien.

O cartel da presente edición é obra do afamado ilustrador ESTEBAN MAROTO, todo un referente da ilustración fantástica no noso país e que visitou o festival o pasado ano xunto a unha exposición do seu traballo. Maroto marcouse o obxetivo de dotar ao cartel dun acabado artesanal para que nunha ollada puiderase apreciar que foi realizado e coloreado completamente a man, sen intervención dixital.

Na ilustración podense apreciar diversos elementos da triloxía de «O Señor dos Aneis» nunha composición que serve de resumo á epopeya de Tolkien, sempre baixo a óptica e o estilo inconfundible e inigualable de Maroto.

(Fai click sobre a imaxen a continuación para descarregar o póster en alta resolución)

 

 

OS GRANDES ILUSTRADORES DA FANTASÍA VISITARÁN GALICIA

Tal e como se anunciou anteriormente, ESTEBAN MAROTO voltará a Curtas como o autor del cartel desta edición e traerá consigo os orixinais do mesmo, xunto a outras ilustracións que creou para o festival e que acompañarán as exposicións do Festival.

CIRUELO CABRAL, recoñecido mundialmente coma un dos máis importantes ilustradores e referentes da fantasía na arte será outro dos convidados de CURTAS 2018. A súa obra foi recopilada en volúmenes como «El gran libro del Dragón», «Luz, el arte de Ciruelo», «Magia, the Ciruelo Sketchbook», «Hadas y Dragones», «Infinito Interior» ou a serie iniciada con «Cuaderno de viajes»; ademáis de ilustrar innumerables libros como «Chronicles of the Shadow War» para George Lucas; revistas como Heavy Metal ou Playboy magazine; xogos de rol e cartas para empresas como Wizards of the Coast ou TSR; portadas de discos para artistas coma Steve Vai, nos álbumes «The 7th Song» e «The Elusive Light and Sound», etc… A obra de Ciruelo Cabral poderase admirar nunha das exposicións do festival do 5 de outubro ao 1 de decembro.

JOHN HOWE, o artista que ilustrou en innumerables ocasións a obra de Tolkien e que foi un dos responsables dos deseños conceptuais das adaptacións dirixidas por Peter Jackson tamén estará presente en CURTAS 2018 onde introducirá a proxección da triloxía de «O Señor dos Aneis»  e protagonizará un evento único en Europa xunto a Ciruelo Cabral baixo o título «Imaxinando Dragóns». Ademáis de realizar cubertas para libros, cartas, xogos, etc, Howe chegou a aparecer no prólogo do primeiro dos filmes, «A Comunidade do Anel», onde encarnou a un dos Reis dos Homes. Para o cinema tamén realizou deseños conceptuais para filmes como «As Crónicas de Narnia: O león, a bruxa e o armario» ou «King Kong», tamén dirixida por Peter Jackson, con quen ten pendiente de estrea a súa derradeira colaboración «Mortal Engines».

Pronto daremos a coñecer os nomes de outros convidados de CURTAS 2018.

 

OBRAS A CONCURSO

O prazo de recepción de obras para as seccións a concurso (curtametraxes, largometraxes, e por primera vez video-creación, documental e experimental) remata o vindeiro 1 de agosto.

A 46 edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E BANDA DESEÑADA DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURTAS 2018 conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa.