Curtas 2018: Palmarés

A 46 edición do Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, Curtas 2018, chega ao seu remate logo de 10 días repletos de actividades nos que o público respondeu ás propostas dunha maneira entusiasta. A resposta ás novas propostas da programación ratifícanse co aumento de público que experimentou o Festival.

Curtas 2018 entregou premios honoríficos a Macarena Gómez, Antonio Durán “Morris”, John Howe, Ciruelo Cabral, Ariel Olivetti e ao grovense Nekro.

De seguido reproducimos a lista de galardóns da 46 edición de Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, Curtas 2018.

MELLOR CURTAMETRAXE
El atraco (2017) de Alfonso Díaz

MELLOR DIRECTOR CURTAMETRAXES
Ainhoa (España, 2017) de Iván Sainz-Pardo

MELLOR CURTAMETRAXE GALEGA
El último adiós (2017) de Rubén Cruz

MELLOR DIRECTOR GALEGO
Carlos A. Quirós por A ponte é a ponte (España, 2018)

MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN
The Box (Eslovenia, 2017)  de Dusan Kastelic

MELLOR LONGAMETRAXE
Sanfelices (España, 2018) de Roberto Lázaro

MELLOR DIRECTOR LONGAMETRAXE
Luis Diogo por Uma Vida Sublime (Portugal, 2018)

MELLOR DOCUMENTAL
Invierno en Europa (España, 2018) de Polo Menárguez

PREMIO ‘DOCUMENTA GALICIA’ AO MELLOR DOCUMENTAL GALEGO
Mariñeiro (España, 2018) de Juan Galiñanes

PREMIO ‘ROBERTO CAMBA’ Á MELLOR VIDEOCREACIÓN
Areka (España, 2017) de Begoña Vicario

A 46 edición do FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE E BANDA DESEÑADA DE VILAGARCÍA DE AROUSA, CURTAS 2018 celebrouse do19 ao 28 de outubro e conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa.