O palmarés pecha a edición máis “inimaxinable” de Curtas Festival do Imaxinario

  • Con mais de 1500 entradas reservadas para as proxeccións e actividades paralelas, e superando as 4000 visitas que disfrutaron ata o momento das exposiciónes de Curtas, Festival do Imaxinario pon o broche final a súa edición mais complicada.
  • As exposicións permanecerán abertas hasta o 22 de novembro.
  • As proxeccións rematan o vindeiro Sábado 7 de novembro co filme “It”, que se trasladou de data nun cambio de horario adaptándose ao toque de queda.

UNHA EDICIÓN 2020 EN CONSTANTE ADAPTACIÓN

Foi unha edición complicada, na que houbo que lidiar con cambios nos horarios de programación, e preventivamente plantexar varios posibles escenarios e situacións con antelación. En ocasións adiantando os horarios de proxección, procurando os cambios mínimos posibles para no confundir á audiencia, e noutras facendo cambios de voo ou facendo o evento con conexión en directo con invitados que a escasas horas de vir ao festival, non puderon desprazarse finalmente dos seus lugares de residencia no territorio nacional.

Durante os dez días do festival houbo que adaptarse ás diferentes situacións que foron xurdindo relacionados coas restriccións Covid-19, vixilantes en todo momento de cumprir os protocolos de seguridade e aforos que presentamos nun primeiro momento, e adaptando os horarios para o toque de queda que sucedeu en pleno festival, decidindo adiantar unha hora todas as proxeccións de tarde. Os aforos tamén foron modificados sobre a marcha, facilitando esta tarea o feito de ser a edición mais dixitalizada do festival.

Así o único cambio pendente, alongará o festival ata o vindeiro sábado día 7 de novembro, coa proxección da longametraxe “It” do ciclo Restrospectiva: Os Pesadelos de Stephen King, que presumiblemente se fará no Auditorio. As entradas xa reservadas seguen activas e todavía e posible reservar praza na Web e Apps de Curtas.

A RESPOSTA DO PÚBLICO

A través da central de reservas usada na Web e nas Apps do festival rexistraronse mais de 1500 reservas para as proxeccións e actividades paralelas. Ademáis, ás exposicións superaron as 4000 persoas que disfrutaron das visitas.

Exposicións que tamén se adaptaron ás circunstancias, mantendo distancias de seguridade, evitando obxetos pequenos que concentraran público e creando pasillos de entrada e saida, ampliamente iluminados e ventilados. As expos poderán visitarse todavía ata o 22 de novembro.

A DECISIÓN DE FACER A EDICIÓN DESTE ANO

Propuxémonos levar adiante a edición deste ano conscientes de que o esforzo sería -e foi- enorme, pero resistimonos a claudicar, porque era necesario enviar á mensaxe de que a cultura é segura, e ofrecer un respiro á xente para evadirse un intre dunha realidade que supera calquera ficción.

Así, dende un primeiro momento establecemos uns ferreos protocolos de seguridade, coa habitual desinfección de mans e calzado, uso de máscara, reserva e control de acceso con lista de presentes en cada proxección, App móbil para Iphone e Android para programación, reservas e votacións, evitando o contacto e o uso de papel.

PREPARANDO CURTAS 2021

Máis que satisfeitos co resultado, comezamos a traballar na edición do 2021 que conta xa con invitados de tallaxe internacional confirmados e dos que esperamos informar esta mesma semana.

OS XURADOS

Curtas Festival do Imaxinario 2020 contou con varios xurados compostos por diferentes profesionais do sector que enumeramos a continuación:

OFICIAL FANTÁSTICO LONGAMETRAXE
Miguel Ángel Marín, director do Feratum Film Fest de México.
Suso Novas, do Festival Novos Cinemas de Pontevedra.
Fabián Forte, director arxentino.

FANTÁSTICA LATINOAMÉRICA
Raúl Gil, xornalista (Venezuela).
Juan Pablo Acuña, xornalista (Chile).

OFICIAL FANTÁSTICO CURTAMETRAXE
Alberto Hortas, técnico de FX.
Tonecho Otero, director do Festival FKM (Coruña).
Nuno Reis, xornalista e programador (Portugal)

OUTROS XÉNEROS
Carmen Méndez, actriz.
Patricia de Lorenzo, actriz.
Pablo Penedo, xornalista.

OS PREMIOS

Cos datos das últimas votacións do público e as derradeiras proxeccións de onte domingo, nas que o público nos volveu a acompañar nas nosas propostas, este é o palmarés definitivo deste ano:

Premio do Público “Planet Horror” á mellor curtametraxe
SNAKE DICK  (EUA, 2020)
Dir: David Mahmoudieh

Mellor Película
COME TRUE (Canada, 2020)
Dir: Anthony Scott Burns

Premio Especial do xurado Oficial Fantástico
COMRADE DRAKULICH (Hungría, 2019)
Dir: Márk Bodzsár

Mellor película Fantástica Latinoamérica
AL MORIR LA MATINÉE (Uruguay, 2020)
Dir: Maximiliano Contenti

Mención especial Fantástica Latinoamérica
LUZ LA FLOR DEL MAL (Colombia, 2019)
Dir: Juan Diego Escobar Alzate

Premio do Público “Planet Horror” á mellor longametraxe
EVERY TIME I DIE (EUA, 2019)
Dir: Robi Michael

Mellor Curtametraxe Oficial Fantástico
KILLING SMALL ANIMALS (Suecia, 2020)
Dir: Marcus Svanberg

Mellor Curtametraxe de Animación
EL LIBERTARIO (Colombia, 2019)
Dir: Eugenio Gómez

Mención Especial do Xurado
CANDELA (España, 2020)
Dir: Marc Riba & Anna Solanas

Mellor director Curtametraxe
MALAKOUT (Irán, 2020)
Dir: Farnoosh Abedi

Mellor Curtametraxe Galega
LA PENUMBRA (España, 2020)
Dir: Dani Viqueira

Mellor Dirección Galega
MARE (España, 2019)
Dir: Guille Vázquez

Mellor Curtametraxe Outros Xéneros: Ficción
A LA CARA (España, 2020)
Dir: Javier Marco

Mellor Curtametraxe Outros Xéneros: Documental
NAROTE (España, 2019)
Dir: David Vázquez

Premio Roberto Camba á Mellor Videocreación
NIMTI (España, 2020)
Dir: Juan Francisco Calero

Premios honoríficos Curtas 2020
MIGUELANXO PRADO
PAULA CONS
JUAN CARLOS FRESNADILLO

Curtas Festival do Imaxinario contou co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, e o patrocinio de Cafés Candelas, Gadis e Planet Horror.