Concurso de Contos de Fantasía en Galego

Seres Máxicos de Galicia e onde atopalos

Tras o exito da experiencia do ano pasado co Concurso de Contos de Fantasía en Galego, Curtas Fest convoca unha nova edición deste certame literario que nesta ocasión levará por título “Seres máxicos de Galicia e onde atopalos” e estará adicadas ás criaturas que habitaron o noso maxín popular non fai tanto tempo. Así nesta ocasión os protagonistas serán as Mouras, Urcos, Serpes, Cocas, Nubeiros, Ondiñas, Demos, Xacias, Tardos, Meigas e tantas outras criaturas que forman parte esencial do folclore galego.

Os contos deberán ser inéditos, escritos en galego, ambientados en Galicia, valorandose a inclusión da Comarca do Salnés e de Vilagarcía de Arousa, e deberá aparecer algunha dos seres máxicos do noso folclore. Presentaranse en formato .DOC por correo electrónico a contos@curtas.org. A extensión máxima será de 5.000 palabras e a mínima de 2.000 palabras, cun tamaño de letra 12, e sen interliñado especial. O prazo para presentar os contos rematará o 10 de Xuño de 2019.

O xurado

Maite Mosconi

(Asados, Rianxo, 1985). Estudou Pedagoxía e tivo diferentes traballos como animadora sociocultural e técnica de actividades culturais en Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.
Estreouse como escritora de fantasía con “Gaedheal, Libro 1 de las Invasiones” (marzo de 2018, autopublicación), unha novela que trata sobre a cultura e a mitoloxía celta e é a primeira parte do que será unha saga. En “Sangre y ceniza” (decembro de 2018, tamén autopublicación), afonda na temática dese primeiro libro.
Arestora está inmersa en diversos proxectos literarios: a segunda parte da saga, unha obra para nenos/as baseada en lendas populares galegas, poemas, relatos curtos de terror… E colabora na sección de relatos do portal web de crítica literaria www.alibrería.com con “Helheim”, unha historia de fantasía xuvenil distópica.

Tomás Rivera

(A Coruña, 1977). Blogueiro, escritor e redactor de contidos. É editor da revista Tantrum e membro do colectivo Inicia Literaria. Publicou relatos en Contos Estraños e a novela curta “Nómada” en Siderālis. Administra o blogue KindleGarten e participa no podcast El Sótano de Radio Belgrado. Colabora con artigos e recensións literarias nas revistas especializadas Windumanoth, Libros Prohibidos e Hyperspace. Publica novelettes western en Leyendas del Colt co seudónimo Kenneth James.

Ramiro Torres

(A Coruña, 1973). Diplomado en Graduado Social na Universidade da Coruña. Publicou o poemario Esplendor Arcano a fins de 2012, tendo participado tamén en varias obras colectivas. Foi membro do Grupo Surrealista Galego e codirector da revista dixital Palavra Comum até 2017. Traballa actualmente na secretaría técnica da Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega (AELG), labor que compaxina coa difusión nas redes de proxectos culturais, a colaboración en varias publicacións e a creación poética.

Bases do Concurso

1. Poderá concursar, de forma totalmente gratuita, calquera persoa residente en Galicia, coa excepción dos membros do xurado así coma dos encargados da xestión dos relatos. Tan só se poderá presentar un conto por autor.

2. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. O incumprimiento de ditas bases conleva a descalificación do mesmo.

3. A listaxe dos contos inscritos publicarase na páxina web do Festival (www.curtas.org).

4. Os 10 contos seleccionados editaranse nun volumen recopilatorio, sempre sen ánimo de lucro, e acompañados do nome do autor.

5. A presentación do libro terá lugar durante a 47 edición do Curtas Fest que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 25 de outubro ao 3 de novembro de 2019.  Os autores dos contos seleccionados recibirán cinco exemplares do libro.

6. O Xurado estará composto polos escritores Maite Mosconi, Tomás Rivera e Ramiro Torres.

7. Os gañadores daranse a coñecer o día 24 de xuño na web do Festival, así como a través das redes sociais da mesma. Informaráse aos participantes a través do enderezo electrónico facilitado na inscripción.

8. O prazo de entrega de contos finalizará o día 10 de Xuño de 2019.

9. Os contos enviaránse ao enderezo-e contos@curtas.org.

10. Os contos que nos cumplan as condicións indicadas serán excluidos do concurso.

Contacta connosco!