Concurso de Modelismo

Espacial e de Ciencia Ficción

O Festival Internacional de Cine e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, Curtas 2019 convoca a primeira edición do seu Concurso de Modelismo que se celebrará do 5 de outubro o 3 de novembro de 2019.

O tema do concurso será a exploración espacial e a ciencia ficción.

Invitamos a todos aqueles que desexen participar a presentar ata tres modelos de naves espaciais, reais ou de ciencia ficción.

O prazo de inscripción rematará o 10 de setembro de 2019.

O xurado

Próximamente

Próximamente

Próximamente

Bases do Concurso

1. PRESENTACIÓN DE OBRAS
A. Os interesados en participar deberán pre-inscribirse enviando un correo electrónico co seu nome, datos de contacto e nome das obras que presentará ó certame a modelismo@curtas.org

B. A entrega dos modelos a concurso realizarase do 23 al 27 de setembro no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Lugar onde se exporán as obras a partir do 5 de outubro ata o 2 de novembro. Deberánse presentar nunha caixa individual, debidamente protexidas. Sinalando no seu exterior o lema “CONCURSO MODELISMO CURTAS 2019” e deberán incluir no seu interior unha folla co nome do seu propietario así como o teléfono e enderezo-e de contacto. Recoméndase que as obras sexan presentadas sobre una base ou peana para evitar danos nos desprazamentos.

C. Cada concursante poderá participar con un máximo de 3 obras. Para naves de gran tamaño establécese unha lonxitude máxima dun metro. Os membros da asociación Curtas e os xurados non poderán presentarse o concurso, puidendo exhibir as súas obras fora de competición.

D. A Organización non se responsabilizará dos posibles roubos, desperfectos e/ou deterioros das obras expostas, debendo poñer o máximo celo no coidado, protección e integridade das mesmas.

2. CATEGORÍAS A CONCURSO
– JÚNIOR, ata 16 anos (Inscripción gratuita).
– SÉNIOR, a partir de los 17 anos (Inscripción gratuita).

3. PREMIOS
– Mellor obra categoría Junior
– Primeiro premio á mellor obra categoría Sénior
– Segundo premio á mellor obra categoría Sénior
– Terceiro premio á mellor obra categoría Sénior

4. XURADO
A. A organización designará tres xurados, que estarán vinculados co
modelismo a escala. A súa decisión será inapelable, e otorgarán os premios en base ao montaxe, presentación, dificultade, pintura, transformación, creatividade e fidelidade co modelo orixinal si o houbera.

B. A entrega de premios terá lugar o día 2 de novembro as 19:30 horas,
na la Sala de Exposicións do Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa.

5. RETIRADA DAS OBRAS
A. Dende a clausura da exposición o día 2, tras a entrega do premio ás 21 horas, ata o 9 de novembro de 2019. A organización non realizará devolucións de maquetas a través de correo ou mensaxería, salvo autorización expresa do propietario eximiento á organización de calquera responsabilidade sobre desperfectos ou extravío do envío por escrito, debendo facerse cargo dos portes do mesmo. Os traballos que non sexan recollidos no prazo designado, consideraránse donacións para a Asociación, perdendo o autor todos os dereitos sobre o mesmo.

B. A Organización reservase o dereito a establecer o seu criterio ante calquera dúbida ou omisión que puidese surxir na interpretación e redacción destas bases. Así como a fotografar e publicar as obras tanto online como offline sen consentimento expreso do autor para a promoción do concurso ou o certame.

C. A presentación das obras a concurso implica a total aceptación das bases deste certame.

Contacta connosco!