Clara R. Cordeiro

Clara R. Cordeiro

Clara R. Cordeiro

Clara R. Cordeiro visitaranos coma representante de 7H Cooperativa Cultural, un proxecto de autoemprego colectivo e un modelo de xestión empresarial baseado na economía social e, por tanto, centrado nas persoas e na comunidade. Aspiramos a xerar un modelo de participación que, desde a educación artística, a creación contemporánea e a comunicación cultural fomente o diálogo, o recoñecemento e a visualización da diversidade cultural, promovendo a transformación colectiva do noso contexto. Con este fin e como especialistas enparticipación, feminismos e capacidades diferentes, traballamos desde os principios de inclusión, igualdade e diversidade para garantir a participación de todas as persoas nos procesos de creación cultural contemporánea.

Constituída en 2015,7Hnace ao amparo do Premio Emprende Gaiás-Sixto Seco á mellor idea empresarial creativa. En 2016 recibimos oPremio aos Valores Cooperativos, concedido polo Consello Galego de Cooperativas polo noso coidadoso traballo en colectividade e, en 2018, a Deputación da Coruña outorgounos o Premio Begoña Caamaño á Acción Cultural pola Igualdade de Xéneroen recoñecemento ao noso programa de arte urbana feminista Elas Tamén Pintan, a distinción da que nos sentimos máis orgullosas.