Eli Ríos

Eli Ríos

Eli Ríos

Elisabet Ríos Liste, coñecida como Eli Ríos, nada en Londres en 1976, é unha escritora galega.

Trasladouse con poucos anos ás terras de Ordes e, despois dun periplo por diversos territorios da lusofonía (Porto, Lisboa, Azores, Cabo Verde), instalouse en 2003 ao pé do Castro de Elviña. Actualmente, desenvolve a súa actividade desde Cambre.
Colabora en diversas obras colectivas, realiza obradoiros de escrita, contacontos infantís e forma parte da revista dixital de crítica literaria A Sega. En 2018 colaborou na revista Ligeia.

Poesía

Nós escoitando o badalo de Marienplatz, Espiral Maior Edicións, 2010.
Maria, 2013, O Figurante.
Anamnese, 2014, Sotelo Blanco.
Diario de fotogramas, 2014, Concello de Ribeira.
Doe tanto a túa ausencia (traxedia dun solitario acto), 2015, Concello de Outes.
Café intenso, 2017, Concello de Padrón.
Culpable, 2017, Xerais.
Ningunha tortilla é mala, 2019, Deputación da Coruña.

Novela

Luns, 2017, Xerais, premio Torrente Ballester de narrativa en 2016.
Remexido de patacas, 2019, Baía Edicións Premio Modesto Figueiredo en 2015.
O ceo das reixas (2019). Xerais. 80 páxs. ISBN 978-84-9121-550-9.
Literatura infanto-xuvenil
Bicha, 2015, Deputación de Ourense.
Marta e a píntega, 2016, Galaxia.
DX, 2018, Urco Editora.

Ensaio

Mulleres bravas da nosa historia: María Victoria Moreno, 2016, Urco Editora.