Nekro

Nekro

Nekro

Nado no Grove, Nekro sorprendeu en 2009 coa publicación de
13 inches no que amosaba o seu estilo único e persoal, marcado
por unha gama de cor desaturada con pequenos toques de cor
acompañados polos seus inconfundibles e elegantes deseños
barrocos, traballos nos que emprega técnicas de fotocomposición.
Recentemente publicou o libro XIII The Art of Nekro e traballa
habitualmente como portadista das mellores editoriais do mundo. As
súas ilustracións poden atoparse nos libros recopilatorios máis
importantes, e algunhas das súas portadas foron publicadas en
máis de catorce paises.