Novas

Novas

Programación de novembro

No hay comentarios News

Tras o festival, Curtas retoma a súa actividade habitual en novembro co arranque de dous ciclos. Un adicado a Alfred Hitchcock que arranca coa proxección de Os paxaros (The Birds), e outro centrado no Cyberpunk que comezará con Johnny Mnemonic. A proxección do filme Chamando ás portas do ceo (Knockin’ on Heaven’s Door) completa a programación dun mes no que tamén teremos unha nova edición do obradoiro de curtametraxes, para o que podes apuntarte ata o martes 14 no Concello , que dará comezo o vindeiro día 17. Esperámosvos!

Todas as proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do Liceo, e agas que se indique o contrario, son de balde só para os socios da asociación, ainda que tamen podes facerte socio por un día por tan só 2€.

Podes facerte socio en www.curtas.org/faitesocio/

Apaisado