Sobre nós

Sobre nós

Qué é Curtas?

Curtas é unha asociación cultural sen ánimo de lucro que nace co propósito de contribuír á oferta cultural vilagarcián con propostas relacionadas coa cultura popular dunha maneira multidisciplinar a través da realización de proxeccións regulares tanto en versión orixinal como dobrada, presentacións, exposicións, cineforums, clases maxistrais, cursiños ou talleres, entre moitas outras actividades.

Na actualidade Curtas conta con dúas ramas diferenciadas de actividades:

Curtas-CinematecaCurtas Cinemateca:  un punto de encontro para os amantes do séptimo arte, ben sexan afeccioados, estudantes ou profesionais da industria cinematográfica a través de proxeccións semanais e distintas actividades relacionadas co audiovisual. + info.

Curtas-RolCurtas Rol n’ Roll: grupo dirixido aos afeccioados aos xogos de rol e de mesa. Con partidas regulares. Encargase da realización das Xornadas anuais de xogos de rol e de mesa, así como das diferentes actividades vencelladas aos mesmos. + info.

 

As vantaxes de facerte socio

  • Carné de socio con vixencia anual.
  • Entrada de balde a todas as actividades da asociación (a excepción dos materiais dos cursiños ou talleres que fagamos ao longo do ano nos que así se indique).
  • Newsletter informativa e avisos a través de whatsapp.
  • Dereito a participar na programación da asociación (Pantalla aberta).
  • Asistencia ás asambleas de socios.
  • Descontos en establecementos asociados (en proceso).
  • Uso da ludoteca, composta por unha selección de xogos de rol e de mesa.
  • Prestamo dos fondos bibliográficos e videográficos da asociación.

Todo que se che ocorra relacionado coa cultura popular!

 

As nosas actividades?

  • Proxeccións (semanal)
  • Curtas Fest (anual)
  • PequeCurtas (anual)
  • Xornadas de Banda Deseñada de Vilagarcía (anual)
  • Xornadas de Xogos de Rol e de Mesa (anual)
  • Samaín Arrepiante
  • Pantalla Aberta (mensual)
  • Sábados de Rol & Roll (semanal)
  • Cineforos
  • Maratóns
  • Sesións Cervexa & Pizza
  • Cursiños
  • Obradoiros

 

A xunta directiva

Actualmente a xunta directiva da asociación está constituida por:

  • Luis M. Rosales (Presidente)
  • Carlos Dalmeida (Vicepresidente)
  • Domingo Santamaría (Secretario)
  • Abel Bao (Tesoreiro)
  • Oscar Agra (Vogal)
  • Alexandre Calviño (Vogal)
  • Javier Toriello (Vogal)

 

A qué estás agardando? Faite socio!

Podes poñerte en contacto connosco a través desta ligazón.