Novas

Novas

Programación de abril

No hay comentarios

Abril é un mes moi ecléctico en Curtas. Teremos ciencia ficción da man de ‘Pitch Black’, protagonizada por Vin Diesel, e o filme de culto de Russell Mulcahy ‘Los Inmortales’, coa banda sonora de Queen; humor para iniciar a Semana Santa con bó pé grazas aos inimitables Monty Python e ‘La vida de Brian’; e para rematar o mes celebraremos o noso primeiro cineforum con ‘Matar a un ruiseñor’, a adaptación da novela de Harper Lee gañadora do premio Pullitzer en 1960, no que abordaremos temas tan candentes coma o dereito de todo individuo a un xuicio xusto, a loita polos dereitos civiles, a necesidade da tolerancia, ou o respeto e dignidade que merecen as persoas con disminución psíquica. Pronto vos anunciaremos os convidados que nos acompañarán no debate.

E ademáis inauguramos o Curtas Clube, un novo espazo que acollerá a nosa biblioteca e videoteca e no que ademáis poderás disfrutar de xogos de rol e de mesa.

Lembrámoste que todas as proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do Liceo, e agas que se indique o contrario, son de balde só para os socios da asociación, ainda que tamen podes facerte socio por un día por tan só 2€.

Podes facerte socio en www.curtas.org/faitesocio/

A3-Abril