Novas

Novas

Programación de abril

No hay comentarios

Abril é un mes moi ecléctico en Curtas. Teremos ciencia ficción da man de ‘Pitch Black’, protagonizada por Vin Diesel, e o filme de culto de Russell Mulcahy ‘Los Inmortales’, coa banda sonora de Queen; humor para iniciar a Semana Santa con bó pé grazas aos inimitables Monty Python e ‘La vida de Brian’; e para rematar o mes celebraremos o noso primeiro cineforum con ‘Matar a un ruiseñor’, a adaptación da novela de Harper Lee gañadora do premio Pullitzer en 1960, no que abordaremos temas tan candentes coma o dereito de todo individuo a un xuicio xusto, a loita polos dereitos civiles, a necesidade da tolerancia, ou o respeto e dignidade que merecen as persoas con disminución psíquica. Pronto vos anunciaremos os convidados que nos acompañarán no debate.

E ademáis inauguramos o Curtas Clube, un novo espazo que acollerá a nosa biblioteca e videoteca e no que ademáis poderás disfrutar de xogos de rol e de mesa.

Lembrámoste que todas as proxeccións terán lugar na sala de proxeccións do Liceo, e agas que se indique o contrario, son de balde só para os socios da asociación, ainda que tamen podes facerte socio por un día por tan só 2€.

Podes facerte socio en www.curtas.org/faitesocio/

A3-Abril

Programación de decembro

No hay comentarios

Aquí tedes a programación que poderemos disfrutar durante o mes de decembro. Todas as proxeccións son de balde e terán lugar no Liceo. Non faltedes!

A partir de xaneiro as proxeccións serán de balde só para os socios da asociación, así que se non vos queredes perder o que temos preparado para 2017 facédevos socios en www.curtas.org/faitesocio/

decembro

Programación de Setembro 2016

No hay comentarios

Despois do parón estival, voltan as proxeccións á pantalla de Curtas!

E comezamos a nova tempada estreando novo proxector e unha nova pantalla. Lembrade que, coma é costume, antes de cada proxección poderedes disfrutar da curta sorpresa…e que a entrada é libre e de balde! 🙂

Apuntade as datas na vosa axenda.

Agardámosvos!

 

 

Programación Xuño 2016

No hay comentarios

Agardando coñecer a programación das proxeccións de xuño? Pois aquí a tendes! 🙂

O menú deste mes está composto polos seguintes pratos:

Ao longo deste mes as proxeccións continuarán a ser de balde, así aproveitade e achegádevos a disfrutar dun bo rato de cine.

CurtasAC_Xuño2016_cartel_v02_72ppp

Compartide sen medo! 😉

Programación Maio 2016

No hay comentarios

Programación das proxeccións que faremos ao longo do presente mes de maio no Liceo Casino. Apuntade as datas na vosa axenda!

Ademáis, durante este mes…tódalas proxeccións serán DE BALDE! 🙂

CurtasAC_Maio2016_cartel_v03m01_72ppp

Compartídeo sen medo! 😉