Novas

Novas

Torneo FIFA18

Non hai comentarios Novas

Xa falta moi pouco para que o balón bote a rodar na pantalla de Curtas!

Para podervos inscribir, enviade un correo electrónico cos vosos datos a info@curtas.org, indicando no asunto “Torneo FIFA18” e engadindo no corpo de texto do correo o voso nome, apelidos, DNI e número de teléfono. O prazo de inscripción por correo remata o venres 23 ás 23:59. No caso de quedar prazas dispoñibles, tamén poderedes facelo o mesmo día no Liceo-Casino, a partir das 10:30, xusto antes de dar comezo o mesmo.

Lembrade:

Sábado 24 de febreiro, a partir das 11:30

Liceo-Casino de Vilagarcía

Inscripción: 3€ persoa

Premio en metálico baseado nas inscripcións

 

A continuación podedes consultar as BASES DO TORNEO:

1.- SOBRE O TORNEO
– 1.1. O Torneo FIFA18 está organizado por Curtas Asociación Cultural, no cal os participantes poderán competir no videoxogo FIFA18 de Electronic Arts na plataforma PlayStation 4, instalada na sala de proxeccións sita no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa, previa inscripción por correo electrónico ou o mesmo día do torneo.

2.- CONDICIONS PARA A PARTICIPACIÓN NO TORNEO
– 2.1. O torneo está aberto a todo o mundo (non é preciso ser socio de Curtas Asociación Cultural ou do Liceo-Casino) e a xente tódalas idades.
– 2.2. Deberá aceptar as bases do torneo. A participación supon a aceptación plena e incondicional de todalas bases.
– 2.3. Precio da inscripción: 3 € por persoa.
– 2.4. A inscripción realizaráse, ata compretar prazas (32 participantes), enviando un correo electrónico cos datos personais (nome, apelidos, DNI e teléfono) a info@curtas.org. O prazo de inscripción por correo remata o venres 23 ás 23:59. No caso de quedar prazas vacantes, poderase facer tamén o mesmo día do torneo a partir das 10:30 am, unha hora antes de dar comezo este (ás 11:30 am).

3.- REGLAS DO TORNEO
– 3.1. Os participantes xogarán por turnos nuhna consola PlayStation 4 con mandos Dual Shock 4, conectada a un proxector HD nunha pantalla de 6 metros instalada no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.
– 3.2. Todolos partidos xogaranse en modo PARTIDO RÁPIDO (10 minutos, 5 minutos cada parte).
– 3.3. Os xogadores poderan levar o seu propio mando se así o prefiren, podéndose mapear este co método de control clásico (a configuración por defecto do FIFA) ou o método de control alternativo (estilo Pro Evolution Soccer).
– 3.4. Na modificación das aliñacións soamente poderase empregar 1 minuto ao principio do partido e outro minuto para os cambios da 2ª parte.
– 3.5. As plantillas non se poderán actualizar ou modificar.
– 3.6. Para competir no torneo poderase elexir calqueira equipo seleccionable dos dispoñibles no FIFA18.
– 3.7. Decidirase por sorteo que xogadores actuarán de local e visitante.
– 3.8. Calqueira xogador pode ser expulsado do torneo por non empregar na partida o que o coordinador do torneo considere falta de xogo limpo.
– 3.9. O torneo ten un formato semellante ao do Mundial de Futbol ou a Eurocopa, constando de dúas rondas: unha primeira ronda na que os xogadores quedan organizados en diferentes grupos, nos que disputan unha liguilla a un único enfrentamento con cada contrincante, e unha segunda ronda onde os clasificados da ronda anterior enfrentanse fases sucesivas a eliminación directa. O número de grupos e fases eliminatorias (dezaseisavos, oitavos, cuartos, etc) dependerá da cantidade de xogadores inscritos.
– 3.10. En caso de empate entre dous ou máis equipos na fase de grupos, terase en conta primeiro o enfrentamento directo entre eles (en caso de ser soamente dous xogadores), en segundo lugar o goal-average xeral (diferencia entre goles anotados e recibidos) e en terceiro lugar o que máis goles metera. De persistir o empate, xogaranse o pase nunha tanda de penaltis.
– 3.11. En caso de empate nos partidos da segunda ronda, o partido decidirase en tanda de penaltis.
– 3.12. Para realizar un cambio táctico durante o partido, sóamente poderá facerse cando o
tempo de xogo está parado (falta, saque de banda, etc…), tendo 30 segundos para levalo a cabo.
– 3.13. No caso de que un xogador non se atope presentase no momento de ser convocado para xogar, agardaránse 3 minutos e, se non aparece nese tempo, o seu oponente gañará directamente o partido.

4.- CALENDARIO DO TORNEO

– 4.1. O Torneo FIFA18 terá lugar o sábado 24 de febreiro a partir das 11.30 da mañá no Liceo-Casino de Vilagarcía de Arousa.

5.- PREMIO

– 5.1. Haberá un único premio en metálico para o gañador, baseado na recaudación das inscripcións.
– 5.2. A entrega do premio farase xusto despois de finalizar este.

6. TRATAMENTO DOS DATOS PERSONAIS

– 6.1. Os datos personais que Curtas Asociación Cultural reciba dos participantes serán tratados de acordo coa legislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal. Os datos dos participantes serán empregados por Curtas Asociación Cultural para contactar aos participantes e, unha vez finalizado o evento, ditos datos serán destruidos.