Do 25 de outubro ao 3 de novembro terá lugar a 47 edición do Festival Internacional de Cinema e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2019.
Un evento, o decano de Galicia, que vive unha segunda xuventude dende fai catro anos, cando se creou a asociación do mesmo nome. O pasado ano máis de 30 mil persoas visitaron o festival que incluiu no seu programa masterclasses, workshops, exposicións, videoxogos, xogos de rol e mesa e, por suposto, proxeccións a concurso de longametraxes, curtametraxes, documentais e videocreación.
O cartel deste ano, obra do artista galego Nekro quen estará presente no Festival, aúna perfectamente os dous leit motiv da edición deste año, la magia (cun especial homenaxe a Harry Potter) e o 50 aniversario da chegada do home á Lua.

Ademáis de Nekro, visitará o festival un dos divulgadores científicos máis coñecidos do noso país, ademáis de escritor de ciencia ficción, Álex Riveiro, quen impartirá unha masterclass sobre a exploración espacial e a chegada do home á lua.
Durante CURTAS 2019 poderán disfrutarse ademáis varias exposicións, entre elas unha adicada ao universo creado por J.K. Rowling e outra que recolle a historia da ciencia ficción a través de modelos a escala das naves máis emblemáticas do xénero no cine e a televisión.
A recepción de obras a concurso para as seccións oficiais de longametraxe, curtametraxe, documental e videocreación estará aberta ata o 15 de xullo de 2019.
Pronto daránse a coñecer máis novidades e convidados da 47 edición do Festival Internacional de Cinema e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2019.
A 47 edición do Festival Internacional de Cinema e Banda Deseñada de Vilagarcía de Arousa, CURTAS 2019 conta co patrocinio da Deputación de Pontevedra e o Concello de Vilagarcía de Arousa.