Xa temos gañador e finalistas para o concurso de CONTOS ARREPIANTES PARA TREMER AO CARÓN DA LAREIRA.
O xurado composto por Maite Mosconi, Tomás Rivera e Josué Ramos, coordinado por Xosé Duncan, escolleu como relato gañador:
– No profundo, de Óscar Reboiras Loureiro
Sendo finalistas:
– Espérame, de Vanesa Santiago
– As malas compañas, de Marcos Dios
– Non creas o que contan as lendas, de José Paz
– A torre dos lamentos, de Mónica Penas
– A caída, de Carlos Vega
– Diario do Confinamento, de Ilda Luaces
– Presa, de Silvia Martínez
– As campás tocaban a morto, de Paula Cascallar
– Entre conto e lenda, de Raúl Costas
Todos eles formarán parte do volume que se presentará no festival. Cada un dos autores dos relatos recibirá cinco exemplares, e o gañador recibirá ademáis 300€.
Noraboa á gañadora e aos finalistas e moitas grazas a todos os que participachedes e ao xurado. Vémonos en Curtas 2020.
CONTOS ARREPIANTES PARA TREMER AO CARÓN DA LAREIRA distribuirase gratuitamente durante o festival, e cada un dos exemplares estará retractilado e será hixienizado antes da súa entrega.
Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa celebraráse do 23 de outubro ao 1 de novembro de 2020 en Vilagarcía de Arousa, e conta co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, e o patrocinio de Cafés Candelas e Gadis