O Gabinete do Doutor Caligari musicalizada por Caspervek inaugurará Curtas 2020

A inauguración de Curtas 2020, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, celebrará o 23 de outubro o centenario da obra por excelencia do cinema expresionista alemán, O GABINETE DO DOUTOR CALIGARI (Das Cabinet des Dr. Caligari) coa proxección do filme musicalizado en directo polo quintento CASPERVEK, unha das referencias europeas dos cine-concertos, que estreará no evento a reescritura da súa banda sonora orixinal con esta formación.
 
A entrada será gratuita con reserva previa, debido ao aforo reducido e ás medidas de prevención sanitaria derivadas da situación actual. Pronto vos indicaremos como reservar a vosa entrada.
Curtas, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa celebraráse do 23 de outubro ao 1 de novembro de 2020 en Vilagarcía de Arousa, e conta co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, e o patrocinio de Cafés Candelas e Gadis.