Como homenaxe ao gran Juan Giménez, que nos deixou tristemente o pasado 2 de abril a causa do Covid-19, Curtas Festival do Imaxinario coorganiza xunto á Asociación Española de Amigos del Cómic a exposición ETERNO JUAN GIMÉNEZ, que poderá desfrutarse do 3 de outubro ao 1 de novembro na sala de exposicións do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
ETERNO JUAN GIMÉNEZ reúne a grandes nomes da ilustración e da banda deseñada nunha sentida homenaxe que tamén verá a luz nun libro que se editará e presentará nas datas do festival (23 de outubro – 1 de novembro) e que non sairá a venda comercialmente, se non que se entregará gratuitamente a cambio dun donativo a favor de Médicos sen Fronteiras para a loita contra o Covid-19, a petición expresa da familia de Juan.

Ao ser unha tiraxe limitada, o libro entregarase ata rematar existencias e por estricto orde de petición. Pronto se habilitará un formulario para que aqueles que non poidades asistir ao festival o solicitedes, tendo que presentar o xustificante do donativo a MSF e fancendovos cargo dos gastos de envío.
A lista de autores incluidos na homenaxe ata o momento é a seguinte:
- Daniel Acuña
- Vicente Alcazar
- Juan Álvarez
- Daniel Azconegui
- Koldo Azpitarte
- Al Barrionuevo
- Toni Benages
- Bit
- James Bret Blevins
- Jesús C. Gan
- Ciruelo Cabral
- Cafu
- David Calderón
- Thomas Campi
- Marcos Carrasco
- Howard Chaykin
- Andy Clarke
- Juapi Coffeeart
- Jesús Colomina
- Alejandro Colucci
- Fernando Dagnino
- Kiko Da Silva
- Sergio Dávila
- Rob de la Torre
- Federico Del Barrio
- María Emegé
- David Enebral
- Salva Espín
- Leandro Fernández
- Nacho Fernández
- Pasqual Ferry
- Tim Fielder
- Enrique Flores
- Jorge Fornes
- Aurora García
- José Luis García López
- Carlos Giménez
- Niko Henrichon
- Rodrigo Hernández Cabos
- Chuma Hill
- Fernando Iglesias (Kohell)
- Jape
- JMV
- José Julio
- Chema Lajarín
- Pepe Larráz
- Salvador Larroca
- Man
- José Manuel Marín
- Víctor Marín
- Esteban Maroto
- Jaume Martí
- Miguel Ángel Martín
- Óscar Martín
- José María Martín Sauri
- Ricardo Martínez
- Jesús Merino
- Iñaki Miranda
- Miquel Montllo
- Carlos Morote
- Nekro
- Javier Olivares
- Ariel Olivetti
- Agustín Padilla
- Xurxo G. Penalta
- Laura Pérez Vernetti
- Ismael Pinteño
- Cels Piñol
- Juanan Ramírez Romero
- Raúl
- Joaquín Romero
- Rómulo Royo
- Juan Rubi (D’Killer Panda)
- David Rubín
- Sam
- Isaac Sánchez (Loulogio)
- Sanjulián
- Valentín Secher
- Vito Sicilia
- Bill Sienkiewicz
- Jordi Tarragona
- Juan D. Tenorio
- Lance Tooks
- Ángel Unzueta
- Guillermo Velasco
- Enrique Ventura
- Fernando Vicente
- José Villarrubia