Inauguración de Exposicións e estrea dos 2 primeiros episodios de Brave New World

O vindeiro venres 2 de outubro inauguramos as exposicións ALIEN EXPERIENCE, que non pode perder ningún fan das sagas de Alien e Predator, e AL1C3 de Pasqual Ferry, a novela gráfica deste gran ilustrador que verá a luz a finais deste ano, as 20 horas na sala Rivas Briones. Unha hora máis tarde, ás 21 horas, no Salón García, faremos a presentación do Festival ao público e disfrutaremos coa estrea en España dos dous primeiros episodios da serie BRAVE NEW WORLD, protagonizada por Alden Ehrenreich ,Jessica Brown-Findlay e Demi Moore, por cortesía de StarzPlay.

Debido a situación excepcional que estamos a vivir, e para cumprir co protocolo de seguridade, para ambos eventos será necesario reservar a vosa entrada, totalmente gratuita, mediante a seguinte ligazón: bit.ly/presentacioncurtas

O aforo está limitado a 60 entradas para a proxección. Para a visita das exposicións poderedes reservar entrada para as 20:00, 20:30. 21:00 e 21:30 horas, tamén cun máximo de 60 entradas por franxa horaria.

Agardámosvos!