O Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, Curtas 2021, xa ten data para a súa 49 edición

Thrillers que te deixarán sen alento, embriagadores soños de ciencia ficción, terror de alto impacto, xunto as propostas máis imaxinativas e innovadoras da fantasía voltarán a romper coas conviccións na gran celebración do cinema fantástico de Galicia. A 49 edición do Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, que terá lugar do 22 ao 31 de outubro de 2021 cunha amplia selección de longametraxes e curtametraxes de xénero fantástico de todo o mundo.

Curtas, o festival de cine fantástico de maior dimensión en Galicia, voltará a apostar polo formato presencial, verdadera esencia do evento, tendo en conta a situación sanitaria do momento e tomando as medidas oportunas para garantir a seguridade de todos. A banda deseñada, a literatura e outras formas de expresión artística, ademáis de convidados de primeiro orde formarán parte unha vez máis dunha programación fantástica .

O 24 de febreiro abrirase o prazo para a recepción de obras a competición nas diferentes seccións a concurso. As plataformas de envío de obras así com as bases de participación poderanse consultar a través da web oficial curtas.org.

Durante os vindeiros meses iranse desvelando os convidados e a programación do Festival a través da web oficial curtas.org e das diferentes redes sociais do festival.

Vai reservando as datas na túa axenda porque esta vai a ser unha edición que non vas a esquecer.