Os pequenos monstros dos 80 protagonizan o póster da 49 edición de Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa

Do 22 ao 31 de outubro de 2021, en Vilagarcía de Arousa, celebraráse a 49 edición de Curtas Festival do Imaxinario, en formato presencial e entrada gratuita. O evento tenrá como leit-motiv ás pequenas criaturas que poboaron as estanterías dos videoclubes dos 80 como Gremlins, Critters ou Ghoulies.

O póster de Curtas 2021 é obra docartelista arxentino Flavio Greco Paglia, e amósanos como un barco tripulado por estos pequenos e irreverentes monstros embiste o porto da cidade, mentras persegue a un aterrorizado Gizmo. “Cuando Curtas me invitó a realizar la imagen para este año, pensé que tenía que ser divertida, sentirse honesta con los personajes y su carácter, y aprovechar la localización -el municipio de Vilagarcía- en favor de la narración. “ comenta Flavio Greca. “Queríamos que a imaxe evocase aquelas caratulas das películas de videoclub que tantas horas de diversión nos aportaron aos fans do xénero nlos 80s. E que á vez funcionase como unha invitación para que todos eles se acheguen a desfrutar desta festa do fantástico que é Curtas Festival do Imaxinario” comenta o director do festival Luis M. Rosales.

A 49 edición de Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa conta co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, e o patrocinio de Cafés Candelas, Gadis e Planet Horror.