Curtas 2022: 50 anos celebrando o cinema fantástico

O festival cinematográfico decano de Galicia celebrará o seu medio século de existencia viaxando no tempo e celebrando a súa 50 edición do 21 ao 30 de outubro de 2022

Desde que Marty McFly viaxou ao 21 de outubro de 2015 na segunda entrega de “Regreso al Futuro”, ese día convertíuse no elexido para celebrar esta icónica saga en todo omundo. Curtas Festival do Imaxinario celebrará a súa 50 edición do 21 ao 30 de outubro de 2022. ¿Coincidencia? Pode que sí, pode que non.. Pero o certo é que non podíamos deixar pasar a ocasión e por tal motivo o leit motiv do festival serán as viaxes no tempo, coa saga “Regreso al Futuro”, dirixida por Robert Zemeckis, como eixo central dun viaje a través dos derradeiros 50 anos do cinema fantástico.

O cartel, obra por segundo ano consecutivo do artista arxentino Flavio Greco presenta a celebración destos cincuenta anos cunha nutrida selección de robots e androides cinematográficos, reunidos no entorno do Convento de Vista Alegre de Vilagarcía de Arousa, e como centro da celebración Maria de “Metrópolis” e Ava de “Ex Machina” chegando á celebración nun Delorean. “Los seres artificiales de la historia audiovisual se reúnen por los 50 años de Curtas, Festival do Imaxinario” comenta Flavio, “para recordarnos que nada nos hace más humanos que aprender de las vivencias, empatizar con el otro y, por qué no, juntarnos a celebrar. Permitámonos por un rato imitarlos nosotros a ellos.”

CELEBRANDO O CINEMA FANTÁSTICO

Dentro das celebracións dos 50 anos do Festival do Imaxinario exhibiránse diversos títulos entre os que destaca a proxección de “Nosferatu” con motivo do seu centenario e que será musicada en directo polo quintento Caspervek, que tradicionalmente está presente no festival para facernos vibrar coas súas composicións.

Para pechar o festival, Curtas Festival do Imaxinario proxectará un dos títulos máis representativos do musical fantástico, “The Rocky Horror Picture Show”, que contará coa participación da compañía madrileña Dramakuin, quenes coa película como telón de fondo, caracterizados como os personaxes, recrean os números musicais diante da pantalla e coa participación do público transformando o show nunha gran festa.

EXPO AO FUTURO

As exposicións de Curtas Festival do Imaxinario son uno dos grandes atractivos dofestival. E este ano, co leit motiv do festival non podíamos deixar de presentar unha das maiores coleccións da saga de Europa e a maior de España.

Unha gran colección, que inclue máis de 400 obxectos, roupa dos personaxes, merchandising, autógrafos, props “screen accurate” (idénticos aos vistos en pantalla) e por suposto, algunhas pezas orixinais da saga, ademáis, merchandising e rarezas.

Ademáis, Pedro Torromé, fundador de Regreso al futuro SPAIN, a maior comunidade fan en España da saga, presentarannos a súa Masterclass “Esto es muy fuerte Doc”, onde en hora e media, nos adentrará nas curiosidades d¡a famosa triloxía, que incluye ademáis un concurso con regalos.

Pedro é tamén o embaixador en España de Team Fox, a fundación contra o Parkinson creada por Michael J. Fox e a súa vez, tamén é miembro da Asociacíón Internacional 88mph, a cal ten delegacións en Francia, Xapón, Arxentina e España. Con estas accións Curtas Festival do Imaxinario colaborará con Team Fox na loita contra este trastorno neurodexenerativo que afecta ao sistema nervioso de maneira crónica e progresiva.

PRIMEROS INVITADOS CONFIRMADOS

MICK GARRIS, (Santa Mónica, California) diretor e guionista estadounidense coñecido polas súas adaptacións ao cinema e á televisión das historias de Stephen King, como “Sonámbulos”, “Apocalipsis”, “El Resplandor”, “Riding the Bullet”, o “La Maldición de Dark Lake”, junto a otros títulos como “Critters 2”, “Psicosis IV”, “Nightmare Cinema”, “Historias Asombrosas”, “Historias de la Cripta”, ou por ser o creador da serie de televisión “Masters of Horror”.

DAVE MCKEAN, (Maidenhead, Inglaterra) é un dos máis renombrados ilustradores e diseñadores de Gran Bretaña e o mundo enteiro ademáis de diretor cinematográfico. Colaborou con Neil Gaiman en obras como “Casos Violentos”, “Orquídea Negra”, “Signal To Noise”, “Mr. Punch” e todas as portadas da famosa “The Sandman”. Neste rubro destácase tamén a creación de “Batman: Arkham Asylum”, xunto a Grant Morrison.

LONE FLEMING, (Aarhus, Dinamarca), actriz, diretora e escritora con máis de 40 películas, moitas delas rodadas en España e relacionadas co xénero fantástico como “La Noche del Terror Ciego” dirixida polo galego Amando de Osorio, “Viaje al Centro de la Tierra” de Juan Piquer Simón, ou “Una Vela para el Diablo” de Eugenio Martín.

A 50 edición de Curtas Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa conta co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, e o patrocinio de Gadis, MIlongas e Vepersa,