Curtas 2023: Cea Gourmet + Experiencia ‘O Exorcista’

Un exclusivo evento, para só 60 persoas, que marida a alta cociña co cincuenta aniversario da estrea de ‘O Exorcista’ , a obra mestra do seu recentemente falecido director William Friedkin. Proxectarase a versión estreada en cines e dobrada en castelán do filme, xunto a un menú gourmet deseñado polo chef Miguel Mosteiro (Gastrolab Arousa) e coa participación do Taller de Teatro Clámide e a Asociación Crucelas para ofrecer unha experiencia terroríficamente inesquecible.

‘O Exorcista’ chegaba aos cines en 1973 cambiando para sempre o cinema de terror. Adaptando a novela de William Peter Blaty, que a súa vez baseábase na historia real ocurrida a un rapaz de catorce anos, o filme xira en toro a Regan, unha rapaza que é posuída polo demo e que foi protagonizada por Linda Blair, nunha actuación incríble potenciada ainda máis polos efectos especiais, que pon de manifesto o choque entre a ciencia e a espiritualidade desafiando ao público para confrontar os seus medos, así como os seus tabúes máis sagrados.

Día: 31 de Octubre. 21:30 horas

PREZO: 50€

Prazas limitadas. Reserva a túa praza aquí:
https://vivetix.com/entradas-o-exorcista-homenaxe-a-william-friedkin

MENÚ:

  • Tacita de viscosidades da nena do Exorcista
    Croqueta liquida de guisantes con xamón ibérico e gusanos fritidos
  • Deposicións malignas da nena do Exorcista
    Buñuelo negro de setas
  • Un de tantos tacos que soltaba a nena do Exorcista
    Taco de cochinita pibil, pico de gallo e maionesa de pementos de Hervón
  • Bocata de carne desmembrada do demo con salsa de infernal
    Brioche de rubia galega a baixa temperatura con salsa de siracha
  • Crocante viscoso da nena do Exorcista
    Merluza crocante con pure de patatas e salsa verde
  • Cordeiro coa pel fina
    Rulo de cordeiro a baixa temperatura con pure de boniato picante
  • Postre Vegano na honra de Linda Blair (vegana e defensora dos animais)
    Brownie de calabacín con xeado de Cheesecake e froitos vermellos
  • Bodega:
    • O beso do demo (Cóctel de benvida) (Cosmopolitan)
    • Sangría en vea (Sangría en bolsa de transfusión)
    • Biere du Demond (Cerveza do demo)
    • Viño tinto Bicicletas y Demonios
    • Augas e refrescos