Curtas Festival do Imaxinario inaugurará cinco exposiciones ás 20:30 horas do vindeiro venres 4 de outubro. Dúas delas “O ano do Morcego” e “Justice Heroes” en homenaxe á creación de Bob Kane e Bill Finger, Batman. Personaxe que celebra o seu 85 aniversario este ano. Ademáis autores como Jaime Martin presentará oproceso creativo das súas obras “Un Oscuro Manto” e “Lo que el viento trae”, mentras que Enrique V. Vegas presentaranos un percorrido polas súas obras máis características en “Cabezóns denominación de Orixe”. Para rematar, os pesadelos imaxinados por H.P. Lovecraft cobrarán vida co lápis de Luis Camacho na exposición “Manual Zoomorfico”
Exposición “O ANO DO MORCEGO”
O 30 de marzo de 1939, Bob Kane e Bill Finger publicaban a historia titulada “El caso del Sindicato Químico” na revista Detective Comics Nº27. Nela nacía un superhéroe chamado The Bat-Man. 85 anos máis tarde, convertido en todo un símbolo da cultura popular, Curtas Festival do Imaxinario rindelle homenaxe da mano de numerosos ilustradorxs españolxs como Jordi Bernet, Alfonso Azpiri, Maria Emege, Verónica Álvarez, Jorge Fornes, Javi Fernández, Chuma Hill, Salvador Larroca, Esteban Maroto Nekro, ou Laura Pérez Vernetti, entre máis de cincuenta artistas que nos presentarán a súa visión do personaxe.
Exposición “JUSTICE HEROES”
Co galo do 85 aniversario de Batman chega a Curtas Festival do Imaxinario unha exposición sobre o home morcego e os seus compañeiros na Liga de Xustiza. Figuras a tamaño real e numerosas replicas e estatuas de calidade museística permitirán aos fans da creación de Bob Kane e Bill Finger sentirse máis preto de Gotham City.
Exposición “DOS URALES AOS PIRINEOS” de Jaime Martín
Jaime Martín preséntanos o proceso gráfico de dúas das suas obras máis fantásticas. A recente “Un Oscuro Manto”, na que dúas mulleres envoltas en misterio enfrentanse aos prexuizos e intereses dunha comunidadr rural. Un maxistral relato marcado polo peso asfixiante das convenciones e a valentía de quenes se atreven a escapar delas. E “Lo que el viento trae”, unha historia ambientada nunha aldea no máis profundo da Rusia prerrevolucionaria.
Exposición “CABEZÓNS DENOMINACIÓN DE ORIXE” de Enrique Vegas
Un percorrido po la obra de Enrique V. Vegas con pezas orixinais dalgunhas das súas obras máis coñecidas como “Diarios de Guerra”, “Dulces Sueños”, “Cabezón de los Anillos”, “Cabezón Jones”, “Jarri Potter”, “El Ascenso del Cabezón”, “Juego de Cabezones” ou “EL Cabezón de la Carretera” entre moitas outras.
Exposición “H.P. LOVECRAFT MANUAL ZOOMÓRFICO” de Luis Camacho
O profesor de arte e experto en Lovecraft, Luis Camacho, é o autor de “Manual Zoomórfico” un espectacular bestiario ilustrado da obra de H.P. Lovecraft no que se recollen un amplo número dos seres que o escritor de Providence plasmou nos seus relatos. Agora teremos a oportunidade de desfrutar dunha increíble selección das representacións destos horrores cósmicos.
Co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa e a Deputación de Pontevedra, e a colaboración de Corvus Belli e Gadis, Curtas Festival do Imaxinario terá lugar do 25 de outubro ao 2 de novembro en Vilagarcía de Arousa para ofrecer unha selección do mellor fantástico internacional.
