Unha exclusiva e vampírica noite, con entradas limitadas, que marida a alta cociña coa proxección de ‘O Baile dos Vampiros’ , a mítica e divertida obra que reunía na gran pantalla a Roman Polanski coa súa futura muller Sharon Tate, e sendo o seu derradeiro filme. Proxectarase a versión dobrada en castelán do filme, xunto a un menú gourmet deseñado polo chef Miguel Mosteiro (Gastrolab Arousa) e coa participación do Taller de Teatro Clámide e Nydia para ofrecer unha experiencia terroríficamente inesquecible.
E ademáis, se ves disfrazado, poderás gañar incríbles premios!
En ‘O Baile dos Vampiros’ un vello profesor e o seu torpe axudante viaxan a Transilvania para investigar aos vampiros. Cando descobren que o conde Von Krolock raptou á filla do posadero onde se hospedan, deciden aceptar a súa inquietante invitación e visitar o seu castelo para rescatala.
31 de Outubro. 21:30 horas. Praza da Peixería
PREZO: 40€
MENÚ VAMPÍRICO:
- Delicias nocturnas do Conde Von Krolock
Panipuri de crema de queixo con encurtidos e salmón curado en remolacha
- Brebaxe antivampiros do Profesor Abronsius
Allo branco con bolas de sandía e xugo de arándanos - Esferas de sange maldita
Croquetas negras de choco na súa tinta
- Bocado de morcego con esenza de lume
Brioche de carne de coello con pico de galo e mahonesa chipotle - Risotto do Averno
Risotto vermello de setas e morcilla con carrilleira de porco - Mousse sanguento de Transilvania
Mousse de iogur grego con coulis de frutos vermellos - Corazón do Conde Drácula
Pan de remolacha - Bodega:
- Elixir de Vlad Tepes (Viño tinto de Barrantes e Mencía)
- Pócimas de Van Helsing (Auga, cervexa e refrescos)