Curtas 2024 trae a Vilagarcía o icónico Batmóvil para celebrar os 35 anos da película de Tim Burton

Para celebrar o 35 aniversario da película dirixida por Tim Burton en 1989 ‘Batman‘, e como parte da celebración dos 85 anos da personaxe creada por Bob Kane e Bill Finger, o Curtas Festival do Imaxinario traerá a Vilagarcía o vehículo que conducía Michael Keaton no filme, así como na súa secuela ‘Batman Returns‘. Unha oportunidade única para descubrir o Batmóvil mais popular, así como o vehículo superheróico mais famoso de tódolos tempos.
Chegado dende Reino Unido, este Batmóvil conta cun lanzachamas totalmente operativo, ametralladoras emerxentes, luces policiales e unha cabina de apertura totalmente eléctrica con luces iluminadas no interior.
Curtas Festival do Imaxinario organizará un photocall para  que todos aquelas persoas que queiran fotografarse xunto ao icónico vehículo poidan facelo, os días 1 y 2 de novembro, en horario de 11 a 13:30 horas e de 16 a 20 horas, na Praza da II República, diante do Auditorio de Vilagarcía de Arousa.
Copyright © DC Comics. BATMAN and all related characters and elements are trademark of and © DC Comics