Unha magnífica noticia para empezar o ano! Entramos no Top 100 dos mellores festivais de cinema de xénero!
É marabilloso ver á nosa querida Vilagarcía de Arousa relacionarse con cidades como San Francisco, Sídney, Austin, Roma, Los Ángeles, Sofía, Paris, Las Vegas, Vancouver ou Santiago de Chile, entre outras. E compartir franxa cos nosos amigos de Festival de Cinema de Terror de Molins de Rei , Isla Caveira Festival de Cinema Fantástico de Tenerife ou o FANT Bilbao.
Moitísimas grazas a Adrian Țofei polo recoñecemento e grazas a todos os cineastas, artistas, e invitados que comparten connosco o seu traballo e o seu tempo todos os anos.
Todo isto non sería posible sen o apoio dos nosos colaboradores e patrocinadores, pasados, presentes e futuros.
Agora é a nosa quenda de seguir traballando para facer un festival aínda mellor. Moitísimas grazas a todos!
Podes consultar a lista aquí: https://adriantofei.com/top-100-international-horror…/