A páxina FestivalinLA.com, selecciona cada ano unha colección cos mellores carteis de festivais de todo o mundo segundo indican “provocan un gran impacto emocional no espectador”. 65 obras de entre cincocentos preseleccionados que son a criterio do seu editor, o crítico de cinema e escritor residente en Los Ángeles California, José Alberto Hermosillo, os mellores carteis de festivais do mundo.
Nesa lista coouse este ano Curtas Festival do Imaxinario, grazas á incrible obra creada polo gran artista arxentino Flavio Greco Paglia. “A esplendida imaxe representa a figura de Cthulhu, unha criatura alada con corpo humanoide, cabeza de polbo e tentáculos ao redor da boca” explican desde FestivalinLA “Tamén fai unha alusión á película de terror de 2001 Dagon”
Desde Curtas dámoslles as grazas por esta selección!
Podes consultar a lista aquí: http://www.festivalinla.com/2024/11/the-worlds-best-filme-festival-posters.html