Curtas seleccionado entre os 90 mellores festivais de xénero da Terra por Dread Central!

Dread Central, o medio líder mundial no xénero de terror con millóns de lectores mensuais, convocou a 30 expertos membros da industria cinematográfica de todo o mundo para elaborar a lista dos 90 mellores festivais de xénero da Terra, e Curtas Festival do Imaxinario foi un dos seleccionados. Na web de Dread Central descríbennos así: “Non tan coñecido fóra do círculo máis hardcore, Curtas é unha xoia escondida para os amantes do cinema fantástico e de culto. Con máis de 50 anos de historia, é un dos festivais máis antigos de España, e nos últimos anos deu un paso á fronte na exhibición de cinema fantástico de alta calidade”

Respecto diso, o noso director Luis M. Rosales comenta que “é unha gran sorpresa e unha enorme alegría para todo o equipo do Festival. Ver a Curtas á beira de nomes tan grandes como Cannes, Venecia, Sitges, Toronto e tantos outros é realmente incrible e, evidentemente, énchenos de orgullo e satisfacción. É algo que non sería posible sen o enorme esforzo dun equipo do que non podería estar máis orgulloso, e sen o apoio de todos os que confiaron en Curtas todos estes anos. Desde a institucións, co Concello de Vilagarcía á cabeza, dos sponsors e, por suposto, aos centos de creadores que cada ano elixen o festival para mostrar o seu traballo. Grazas a todos eles. Agora toca seguir traballando para facer a mellor edición posible para este 2025. Vémonos en outubro!”

Podes visitar a ligazón completa aquí:
https://www.dreadcentral.com/news/531260/best-genre-film-festivals-sidebars-2025-2026/