Curtas Festival do Imaxinario presenta o cartel da súa 53 edición

O ilustrador arxentino Flavio Greco volve asinar o cartel do Curtas Festival do Imaxinario. Nel aparecen os Profundos, os monstros anfibios creados por H.P. Lovecraft. Na imaxe tamén se pode ver a Cthulhu en forma humanoide, que tamén estará presente fisicamente nas proxeccións do festival do 24 de outubro ao 2 de novembro. Este ano, o festival estará adicado aos monstros.