Marvel Cómics, nacida en 1939 como Timely Cómics, cativou a audiencias con títulos icónicos como “Os 4 Fantásticos” e “Spider-Man”. Co paso do tempo, Marvel expandiuse ao cinema, logrando un éxito masivo con películas como “Iron Man” ou “Os Vengadores”, consolidándose como unha dos universos cinematograficos máis ricos e influentes. Agora os superheroes Marvel chegan a CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO co anuncio da primeira exposición da 53 edición: “INFINITY HEROES SHOWROOM”
A EXPOSICIÓN
Creada para fans e amantes dos cómics e películas de Marvel, a primeira das exposicións de CURTAS FESTIVAL DO IMAXINARIO ofrece unha experiencia única. “INFINITY HEROES SHOWROOM” presenta unha selección de figuras a tamaño real, réplicas de cascos e outros artefactos, dioramas e estatuas de calidade museística cos máis destacados heroes do universo Marvel.
Thor, Iron Man, Spiderman, Lobezno, Daredevil, ou o Capitán América agardarán aos fans na sala Rivas Briones de Vilagarcía de Arousa do 3 de outubro ao 16 de novembro. Unha oportunidade que os fans non se poden perder! Fans de Marvel reunídevos!

SOBRE O FESTIVAL DO IMAXINARIO
Curtas Festival do Imaxinario é o festival internacional de cinema fantástico e de terror de Galicia, que se celebra anualmente en Vilagarcía de Arousa. Recentemente foi elixido como un dos 90 mellores festivais de xénero do mundo por Dread Central, o medio líder no xénero de terror. Con máis de 50 anos de historia, é o festival de cinema decano de Galicia e a maior celebración do xénero no noroeste peninsular. O festival destaca pola súa capacidade para xerar experiencias inolvidables con proxeccións de longametraxes e curtametraxes, exposicións, presentacións e actividades paralelas, todo elo de entrada gratuita, que o converten nun evento imprescindible para os amantes do xénero.
A 53ª edición de Curtas Festival do Imaxinario celebrarase en Vilagarcía de Arousa do 24 de outubro ao 2 de novembro de 2025. O festival promete ser un evento emocionante e cheo de sorpresas, cunha selección de películas que exploran os límites do fantástico e o terror.
Curtas Festival do Imaxinario conta co apoio institucional do Concello de Vilagarcía de Arousa, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. E co patrocinio de De Angeles Films, Gadis e Rei Zentolo.