Marcus Nispel, Diana Peñalver e Arturo Balseiro premios honoríficos de Curtas Festival do Imaxinario 2025

Marcus Nispel, o director alemán tras os exitosos remakes de A Matanza de Texas ou Venres 13, entre outras, recibirá o premio “Mestre do Fantástico” de Curtas Festival do Imaxinario 2025. Xunto a el, a actriz protagonista de Braindead, a túa nai comeuse ao meu can Diana Peñalver recibirá o premio “Icona do fantástico”. Tamén recibirá premio o técnico de efectos especiais Arturo Balseiro pola súa contribución ao xénero co seu traballo en títulos como Extinction, Lobos de Arga, Cold Skin, …

Tamén visitarán o festival os artistas Salvador Larroca (X.Men, Star Wars, Alien), Aneke (Bylines In Blood), ou Xermánico (Arrow , Injustice: God Among Us, Vampire Diaries) entre outros. Podes consultar a lista completa aquí.