Cea + Proxección + Experiencia: RE-ANIMATOR 40 aniversario

Hai 40 anos estreábase o filme de Stuart Gordon Re-Animator. Ao seu paso por mercados e festivais provocou polémicas e desmaios, e a súa combinación de humor de terror encadilou a crítica e público forxando unha lenda que perdura ata os nosos días.

Adaptando líbremente o relato de H.P. Lovecraft “Herbert West: Re-animador”, a película traslada a acción aos anos 80 para contarnos como tras uns experimentos fallidos en Europa, o científico Herbert West viaxa a Estados Unidos para traballar na Universidade de Miskatonic. Alí continuará coa súa perigosa investigación, que ten como fin conseguir unha fórmula que lle permita revivir aos mortos.

Agora Re-Animator chega as experiencias de Curtas Festival do Imaxinario nuna terrorífica velada para celebrar o Samaín, maridando a alta cociña, cun menú gourmet deseñado polo chef Miguel Mosteiro (Gastrolab Arousa), xunto a proxeccion da película e a animación en sala do Taller de Teatro Clámide e Nydia. Prepárate a pasalo de medo! E lembra vir caracterizad@!

Venres 31 de outubro 2025
21:30 horas
Praza da Pescadería de Vilagarcía de Arousa.

Menú Re-animator (40 euros.)

  • Carne de Melvin curada ao sol (Chacina de vaca con aceite arbequina e améndoas)
  • Ollo crujiente do decano Halsey (Panipuri de crema de queixo con encurtidos e salmón afumado)
  • Bóla rechea de miolos ensanguentados do doutor Grubert (Takoyaki de queixo azul e marmelada de tomate)
  • Croquetas de restos do gato Rufus en adobo (Croquetas de coello e pementos asados)
  • Raviolis de carne a morgue cos seus fungos e salsa dos seus mollos (Raviolis de tenreira e cogomelos con salsa de tomate, albáfega e parmesano)
  • Hamburguesa de carne do pescozo do doutor Hill (Hamburguesa de Cachena)
  • Miolos de reanimado ensanguentado (Semifrío de queixo e froitos vermellos)
  • Adega (Os asistentes terán dereito a dúas bebidas ademais dos cócteles que se servirán.)
    • Transfusión (Sangría en bolsa de transfusión)
    • Soro Reagent con ollos xeados (Cóctel con xiringa de bebida fluorescente con xeos de arandos)
    • Viños tinto Mencía e brancos Godello
    • Cervexa
    • Augas e refrescos

Reserva a túa praza aquí.