Caspervek volve a Curtas Festival do Imaxinario para musicar O GOLEM

Se falamos de cinema silente, non podía faltar Caspervek, estes amigos habituais do festival voltarán a Curtas Festival do Imaxinario o día 30/10, as 21:15 horas, para acompañar a proxección de O Golem (Der Golem, wie er in die Welt kam, 1920) de Paul Wegener e Carl Boese. Un dos filmes pioneiros do Expresionismo alemán que influiría notablemente en títulos posteriores como Frankenstein, e que explora a identidade humana e os aspectos máis escuros da alma. No filme o rabino Loew crea unha estatua de arxila para salvar aos xudeus da brutal persecución á que están sometidos. No século XX un comerciante descóbrea e tráea á vida.

As entradas son grauitas e seguro que van voar, así que reserva a túa axiña!