Revive a chamada! Xa está aquí o aftermovie oficial do Curtas Festival do Imaxinario 2025. Foron días de emocións, encontros inesquecibles e paixón desbordada polo fantástico.
Grazas a todos os que formastes parte desta edición histórica. Non fostes só público; fostes testemuñas do imposible e o verdadeiro corazón deste festival.
Grazas por atrevervos a cruzar o limiar!
Ph’nglui mglw’nafh Curtas Vilagarcía wgah’nagl fhtagn! (“Na súa casa de Vilagarcía, o Curtas agarda soñando”)