Curtas e Cine de Género Latinoamericano selan unha alianza estratéxica

O festival reforza a súa proxección internacional cunha alianza que levará a actualidade de Vilagarcía a América Latina e manteranos ao tanto das últimas producións do xénero dende o outro lado do Atlántico.

Curtas Festival do Imaxinario segue sumando aliados para que o certame teña máis alcance ca nunca. O festival pechou un acordo estratéxico con cinedegenerolatinoamericano.com, que pasa a converterse en medio oficial do festival, consolidando unha ponte de comunicación permanente entre Galicia e o continente americano.

A idea desta colaboración é que non se perda nin un detalle do que acontece no festival ao outro lado do océano. Como portal de referencia para os amantes do xénero en español, CDGL encargaráse de actuar como altofalante de todas as nosas noticias, desde os avances da programación oficial ata as visitas de invitados internacionais.

Unha ventá bidireccional ao fantástico

Pero este acordo non queda só na difusión do que pase nas nosas rúas. A alianza tamén permitirá que Curtas Festival do Imaxinario estea máis conectado que nunca coa industria latinoamericana. A través deste intercambio, o portal manteranos informados de primeira man sobre as novas producións, proxectos en desenvolvemento e talentos emerxentes que están axitando o sector en países como Arxentina, México ou Chile.

Nas últimas edicións, o cine de xénero facturado en Latinoamérica gañou un peso indiscutible na nosa pantalla, demostrando unha vitalidade e unha narrativa propias que encaixan á perfección co espírito do noso certame. Ao contar cun medio oficial especializado alí, o festival facilita que creadores e distribuidores sintan Vilagarcía un pouco máis preto, á vez que nós enriquecemos a nosa visión co que se coce naquelas latitudes.

Con este movemento, Curtas Festival do Imaxinario asegura que o fantástico galego e o latinoamericano camiñen da man, compartiendo esa paixón incombustible polo terror, a ciencia ficción e a fantasía máis pura.