Curtas Festival do Imaxinario volve situar a curtametraxe no centro da súa programación. A 54ª edición reunirá 85 obras de formato curto, entre 78 curtametraxes e 7 videoclips, procedentes de 29 países.
A selección mantén unha das liñas de traballo que definen ao festival: descubrir novas voces e ofrecer ao público galego acceso a obras que aínda non tiveron percorrido no noso territorio. Nesta edición, 78 dos traballos seleccionados chegarán con algún tipo de estrea: 12 deles serán estrea absoluta, 3 suporán a primeira proxección internacional do traballo, 5 serán premiere europea, 25 en España e 33 terán a súa estrea en Galicia.
Con esta selección, o Festival Internacional de Cine Fantástico de Galicia reforza a súa aposta por un cine fantástico aberto a novas miradas, linguaxes e formas de expresión, con especial atención ás voces emerxentes e ás propostas que exploran os límites do xénero.
A Sección Oficial Fantástica, con 66 curtametraxes, reúne unha ampla representación do fantástico contemporáneo, con traballos procedentes de Europa, América, Asia e Oceanía. Terror, ciencia ficción, fantasía, humor negro e propostas máis difíciles de clasificar conviven nunha selección que combina cineastas emerxentes con autores de traxectoria.
Entre as estreas mundiais da sección figuran Carne, de Pasquale Russo; Dagon, de Olivier Beguin; Dark Night, de Nafiseh Zohari; Period., de Nikola Petrovic; Plato Estrella, de Roberto Del Castar; Sakana, de Yun-Rei Chuang; Sheep Code, de Ali Rahmati; Oumuamua, de Iker Iturria; e Turn it down, de Niels Bourgonje.
A programación compétase con Made in Galicia, que reúne seis traballos de creación galega; Fantastic Vertical Contest, nova sección dedicada ao formato 9:16, con seis propostas seleccionadas; e Fantastic Videoclips, que incorpora sete vídeos musicais ao programa.
LISTADO COMPLETO DE OBRAS
SECCIÓN OFICIAL FANTÁSTICO
- 27B, David Talon — Francia, 2026 — Estrea en Galicia
- A Hand to Hold, Philip Clyde-Smith — Reino Unido, 2025 — Estrea en España
- Amor de Padre, Caye Casas — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Banshee, Peter Vaas — Irlanda, 2025 — Estrea en Galicia
- Behind the Door, Justus van den Elsen — Países Baixos, 2026 — Estrea en España
- Brainrot, Nathan Martin — Australia, 2026 — Estrea Internacional
- Breathwork, Erik Westerström — Suecia, 2026 — Estrea en Galicia
- Canguro, David Hebrero — España, 2026 — Estrea en España
- Cap al Cel, Nicolás Solé — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Carne, Pasquale Russo — Italia, 2026 — Estrea mundial
- Cat in the Gut, Buğra Mert Alkayalar — Turquía, 2026 — Estrea en Europa
- Charlie is Not a Boy, Pol Kurucz — Francia / Hungría / Estados Unidos, 2026 — Estrea en España
- Compost, de Jennifer Lumbroso — Francia, 2026 — Estrea en Galicia
- Dagon, Olivier Beguin — Suiza, 2026 — Estrea mundial
- Dark Night, Nafiseh Zohari — Irán, 2026 — Estrea mundial
- Donde el viaje termina, Víctor D. Somoza e Nadia Mata — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Dormant, Cris Gavrilova — Rusia, 2026 — Estrea en Galicia
- Dosenmutter Vol. 1, Alexander Peskador — Alemaña, 2026 — Estrea en España
- Exit, Lieven Vanhove — Bélxica, 2026 — Estrea en Galicia
- Favela Amarela, Nícolas Lobato e Thiago Tuchu — Brasil, 2026 — Estrea en Galicia
- Frame, Olivia Cordell e Libby Morris — Reino Unido, 2025 — Estrea europea
- Gimme, Steven Schloss — Estados Unidos, 2025 — Estrea en Galicia
- Hambre, Imanol Ortiz Lépez — España, N/D — Estrea en Galicia
- Happy, Victor Basallote — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Imprint, Ran Jing — Estados Unidos, 2026 — Estrea en España
- influenZer, Jandro (Alejandro López García) — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Just One Minute, Norah Alexandra Vega — España, 2026 — Estrea en Galicia
- L’Ultim Reflex, Pablo Jimenez Gallardo — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Last Call, Christopher Carson Smith e Peter Sawyer — Estados Unidos, 2026 — Estrea europea
- Legend Has It, Thomas Lorber — Canadá, 2025 — Estrea en España
- Leonardo, Meka Ribera — España, 2025 — Estrea en Galicia
- Loop, Chuan Lin — Taiwán, 2026 — Estrea en España
- Mermelada, Xanti Rodríguez — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Mi Juego, David Navarro Bravo — España, 2025 — Estrea en Galicia
- Michelle, Julia Hernandez De La Cruz, Lautaro Ezequiel Machuca Leiba e Inés Matos López-jáuregui — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Open Mic, Jano Pita — España, 2025 — Estrea en Galicia
- Oumuamua, Iker Iturria — España, 2026 — Estrea mundial
- Parasomnia, Henrique Faria — Brasil, 2026 — Estrea internacional
- Period., Nikola Petrovic — Serbia, 2026 — Estrea mundial
- Plato Estrella, Roberto Del Castar — España, 2026 — Estrea mundial
- Quemar al padre, Rafa Piqueras — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Relieved, Steffen Geypens — Bélxica, 2026 — Estrea en España
- Sakana, Yun-Rei Chuang — Taiwán, 2026 — Estrea mundial
- Señuelo, Martha G. Ayerbe — España, 2025 — Estrea en Galicia
- Sheep Code, Ali Rahmati — Irán, 2026 — Estrea mundial
- Stay In, Michael Buran — Estados Unidos, 2026 — Estrea en España
- Strive, Jussi Rautaniemi — Finlandia, 2026 — Estrea en Galicia
- Switch Off, Sandeep Francis — India, 2026 — Estrea en España
- Ten to Six, Alessio Rupalti — Reino Unido, 2026 — Estrea en Galicia
- The Afters, Jamie O Rourke — Irlanda, 2025 — Estrea en España
- The Call, Kiko Prada — España, 2025 — Estrea en Galicia
- The Fabric of Darkness, Maciej Wladyslaw Herzog — Polonia, 2026 — Estrea internacional
- The Inheritance, Destinee Stewart — Estados Unidos, 2026 — Estrea en España
- The Last Cheap House, Meg Favreau — Estados Unidos, 2025 — Estrea en España
- The One Minute Problem, Nick Delgado — España, 2025 — Estrea en Galicia
- The Sorrows of Young Charlotte, Shir Ariya — Reino Unido, 2026 — Estrea en España
- The Wake Up, Clara Veci — Reino Unido, 2026 — Estrea en España
- The Whisperer in Darkness, Andrew G. Cooper — Canadá, 2026 — Estrea internacional
- The Witch Doctor, Nikita Voronin — Letonia, 2025 — Estrea en España
- Tria Fata, Leslie Crocqeufere e Camille Tello — Francia, 2025 — Estrea en España
- Turn it down, Niels Bourgonje — Países Baixos, 2026 — Estrea mundial
- Último superviviente a bordo, Jorge Blas Borroy — España, 2026 — Estrea en Galicia
- Una langosta llamada deseo, Sol Moreno e Risseth Yanguez — Panamá, 2025 — Estrea en España
- Vape Glow, Steven Schloss — Estados Unidos, 2026 — Estrea en Galicia
- Waking, Tingmu Yang — China, 2025 — Estrea en España
- WHITCH, Hoku Uchiyama — Estados Unidos, N/D — Estrea en Galicia
- Yo primero, Pedro Gusmão — España, 2026 — Estrea mundial
FEITO EN GALICIA
- 8 portas, Miguel R. Berride — España, 2025
- Ante o avesío, Xaime Miranda — España, 2026
- Cara de Cona, Guillermo de Oliveira — España, 2025
- Cena Familiar, Oscar Abalo — España, 2026 — Estrea mundial
- Lucus, David Fidalgo — España, 2025
- No son sus ojos, Varo López e Alejandro Guisado González — España, 2026
VERTICAL CONTEST
- Again, Anastasia Sidorova — Reino Unido, 2026 — Estrea mundial
- Derrière la porte, Leonardo Valenti — Francia, 2026 — Estrea en España
- Find my phone, Christopher Jorna — Reino Unido, 2026 — Estrea en España
- Greystanes Chapters 01-07, Ryan Cauchi — Australia, 2024 — Estrea en Galicia
- Internal Fatal Ærror, Elias Nathan Suarez — Ecuador, 2026 — Estrea en España
- Nahuales, Alejandro Cervantes — México, 2026 — Estrea en España
FANTASTIC VIDEOCLIPS
- Jota de Noche, Saúl González Abejón — España, 2025 — Estrea en Galicia
- Likho – Nightmare, Patryk Dróżdż — Polonia, 2026
- Mama Doom “Woven Linen”, Anne Hickey — Estados Unidos, 2026 — Estrea internacional
- Radiation April, Sabrina Mendoza — Estados Unidos, 2026 — Estrea en Europa
- StAD – Ik kin hier gainaine, Manon Dessainte e Kai Phan — Países Baixos, 2025
- Take It Back, Lee Daehan — Corea do Sur, 2026 — Estrea en España
- Thinkin’ About, Maurilio Rodríguez — México, 2025 — Estrea en Europa