CONTOS ARREPIANTES

— PARA TREMER AO CARÓN DA LAREIRA —

Concurso de contos en galego

Por terceiro ano consecutivo CURTAS Festival do Imaxinario convoca unha nova edición do Concurso de Contos en Galego. Nesta ocasión levará por título “Contos Arrepiantes para tremer ao carón da lareira” e, como indica o seu título, centrarase en historias de temática terrorífica dando cabida a todo o acervo de criaturas, lendas e mitos da nosa terra.

Os contos deberán ser inéditos, escritos en galego, ambientados en Galicia, valorándose a inclusión da Comarca do Salnés e de Vilagarcía de Arousa,. Presentaranse en formato .DOC por correo electrónico a contos@curtas.org. A extensión máxima será de 5.000 palabras e a mínima de 2.000 palabras, cun tamaño de letra 12, e sen interliñado especial. O prazo para presentar os contos rematará o 13 de Xullo de 2020.

O xurado

Maite Mosconi

(Asados, Rianxo, 1985). estudou Pedagoxía e tivo diferentes traballos como animadora sociocultural e técnica de actividades culturais en Santiago de Compostela, A Coruña e Ferrol.

Estreouse como escritora de fantasía con Gaedheal. Libro 1 de las invasiones (marzo de 2018, autopublicación), unha novela que trata sobre a cultura e a mitoloxía celta e é a primeira parte do que será unha saga. En Sangre y ceniza (decembro de 2018, tamén autopublicación), afonda na temática dese primeiro libro.

En xaneiro de 2020 publicou xunto con Miriam Beizana Guerreiras de lenda, unha obra para nenos/as baseada en lendas populares galegas, baixo o selo da Editorial Vanir. Tamén colaborou na revista Contos Estraños co poema «O enterrador».

Arestora está inmersa na segunda parte da súa saga celta, na composición dun poemario e na continuación da historia de fantasía xuvenil distópica Helheim, que publicará completa na súa páxina web: www.maitemosconi.com.

Tomás Rivera

(A Coruña, 1977). Escritor en galego e castelán. Autor da novela Nómada (Impresiones Privadas, 2019). Fundador da revista Tantrum, na que escribiu sete relatos. Publicou relatos en Contos Estraños. Redactor de contidos nas revistas especializadas Windumanoth e Libros Prohibidos. Colaborador do podcast El Sótano de Radio Belgrado, dedicado á cultura popular. Escribiu varios prólogos e colaborou de xeito ocasional con medios moi diversos.

Durante seis anos mantivo o blogue literario KindleGarten.

Autor da colección western Leyendas del Colt (Inicia Literaria) co seudónimo Kenneth James, con catro títulos polo momento.

Páxina web: www.tomasrivera.net
Twitter: @tomasrivera_

Josué Ramos

Naceu en Ferrol a finais dos oitenta e comezou a escribir ben pronto. Gañou en 2006 un concurso de relato histórico que o levou a seguir probando no tema de escribir e publicar. Pouco a pouco e deixando que unha cousa levase á outra, pasou a ser coordinador, antólogo e seleccionador de textos até ser actualmente editor en Tinta Púrpura Ediciones dende Madrid e docente, como formador de adultos.

Faga o que faga, é un eterno lector de todo o que pilla e escritor de ciencia ficción e terror, ambientando as súas narracións case sempre entre Madrid, Barcelona e na nosa misteriosa Galicia.

Bases do Concurso

1. Poderá concursar, de forma totalmente gratuita, calquera persoa residente en Galicia, coa excepción dos membros do xurado así coma dos encargados da xestión dos relatos. Tan só se poderá presentar un conto por autor.

2. A participación neste concurso supón a plena aceptación destas bases. O incumprimiento de ditas bases implica a descualificación do mesmo.

3. A listaxe dos contos inscritos publicarase na páxina web do Festival (www.curtas.org).

4. Os 10 contos seleccionados editaranse nun volumen recopilatorio, sempre sen ánimo de lucro, e acompañados do nome do autor.

5. A presentación do libro terá lugar durante a 48 edición do CURTAS Festival do Imaxinario que se celebrará en Vilagarcía de Arousa do 23 de outubro ao 1 de novembro de 2020.

6. O conto gañador recibirá un premio de 300€ e cinco exemplares do libro. Os autores dos 9 contos finalistas recibirán cinco exemplares do libro.

7. O concurso estará coordinado por Xosé Duncan, e o xurado estará composto polos escritores Maite Mosconi, Tomás Rivera e Josué Ramos.

8. Os gañadores daranse a coñecer o día 1 de agosto na web do Festival, así como a través das redes sociais da mesma. Informaráse aos participantes a través do enderezo electrónico facilitado na inscripción.

9. O prazo de entrega de contos finalizará o día 13 de Xullo de 2020.

10. Os contos enviaránse ao enderezo-e contos@curtas.org.

11. Os contos que nos cumplan as condicións indicadas serán excluidos do concurso.

12. A Organización resérvase o dereito a establecer o seu criterio ante calquera dúbida ou omisión que puidese surdir na interpretación e redacción destas bases. Así como a publicar as obras tanto online como offline sen consentimento expreso do autor para a promoción do concurso ou o certame.

13. A presentación das obras a concurso implica a total aceptación das bases deste certame.