NAROTE
David Vázquez
España | 2019 | 18 min.

Antonio Nieves Ferreiro “Narote” é, con 106 anos, o derradeiro supervivinte do episodio de violencia máis destacado da Segunda República en España, a Revolución de Asturias. Condeado e perseguido por negarse a cargar bombas nos avións que se dispoñían a bombardear a cidade de Oviedo en 1934. A súa historia de represión, clandestinidade, encarcelamentos e exilio, supón un testimonio oral de gran valor histórico e humano.