SKIN WALKER
Christian Neuman
Luxemburgo | 2020 | 90 min.
Estrea en España

Regine é unha muller fráxil psicolóxicamente que se agocha na cidade, lonxe da oscura zona rural na que pasou a súa traumática infancia. Loita por construir a familia que nunca tivo e por superar o seu pasado, pero por riba de todo, de deixar atrás o desastroso nacemento do seu irmán Isaac, que se saldou coa morte do seu bebé e con unha nai que perdeu a cordura. Por desgracia, a cidade é hostil e estresante, coas suas propias ameazas. Unha abusiva relación co psiquiatra que trata a súa nai pon ao límite a súa vida ata que un día un tráxico acontecemento sacude por completo a súa estabilidade mental: o brutal asasinato da súa avoa. Isto plantexa unha nova e dolorosa pregunta: está o seu irmán vivo e planea vingarse da familia que unha vez lle deu as costas?.

 

Reparto: Amber Anderson, Udo Kier, Jefferson Hall …
Guión: Christian Neuman
Fotografía: Amandine Klee