RICHARD STANLEY

Nado en Sudáfrica, Richard Stanley dirixiu a principios dos anos 90 dúas películas que, co paso do tempo, acadaron o status de títulos de culto como “Hardware Ready to Kill” e “Desert Demon”. Ademais do seu traballo con grupos como Fields of the Nephilim, Public Image Limited e Marillion, Stanley volveu á actualidade coa adaptación cinematográfica de H.P. Lovecraft: cor fóra do espazo.

JORGE FORNES

Nado en Barcelona en 1975 é un artista autodidacta que chegou a ser un dos talentos máis importantes do cómic norteamericano actual.
Logo de varias colaboracións para editoriais independientes españolas e estadounidenses, as cales compaxinaba cun emprego nun taller de coches, comezou a traballar para DC en 2014. Nenbargantes, o seu trazo pasou a atoparse no centro de todalas miradas logo duns anos, en 2019, saltando á fama ao ilustrar varios números de Batman, co guión de Tom King. Un creador co que repetiría colaboración na miniserie “Heroes en Crisis”. Nestos anos destaca a súa labor para Daredevil de Marvel.
En 2020 voltou a traballar con King en Rorschach, onde ambos autores profundizan no universo Watchmen, nunha serie limitada ambientada 35 anos despois da obra orixinal de Alan Moore y Dave Gibbons.

JAIME MARTIN

Nado en L’Hospitalet (Barcelona) en 1966. Comezou a súa traxectoria profesional no cómic en 1985 publicando en revistas como Canibal e Bichos. Entre 1987 comeza a colaborar regularmente coa revista El Vibora. Ali realiza series de tematica costumbrista co guión de Alfredo Pons. Aborda tamén series propias como autor completo como Sangre de Barrio (1989-2005), coa que obtuvo o Premio Autor Revelación do 8º Salón Internacional del Cómic de Barcelona. Outras obras destacadas desta etapa son Los primos del Parque (1991-92), La Memoria Oscura (1994-95) e Infierno (1996). Tras publicar Invisible en España, comeza a traballar coa editorial francesa Dupuis onde publica Lo que el viento trae (2007) e Todo el polvo del camino (2010), con guion de Wander Antunes. Con Las guerras silenciosas consagrase como un dos autores europeos máis interesantes do momento, unha consideración que confirma con Jamás tendré 20 años (galardoada co premio á Mellor Obra de Comic Barcelona 2017), Siempre tendremos 20 años (galardoada co premio á Mellor Obra de Comic Barcelona 2021) e Un oscuro manto.

ENRIQUE V. VEGAS

Nado en Segovia, Enrique V. Vegas comezou a súa carreira seguindo a estela de grandes autores como John Buscema e Barry Smith para logo pasarse á animación. Adaptando así o seu estilo e forma de traballar ao formato e iniciando posteriormente a sua traxectoria coma debuxante humoristico e paródico, sobre todo de series de superherois e sagas moi coñecidas da cultura popular. Logrando un gran éxito de público e granxeándose unha lexión de seguidores. Foi elexido como mellor Autor Revelación no Salón del Còmic de Barcelona en 2004 (por votación popular).

LUIS CAMACHO

(Sevilla) É licenciado en belas artes, profesor de debuxo artístico en Sevilla e especialista en H.P. Lovecraft. Presentar no festival o seu “H.P. Lovecraft Manual Zoomórfico” do que unha mostra pode verse exposta no festival.

ÁNGEL AGUDO

Nado en Madrid, en 1980, colaborou con numerosas publicacións, entre as que destacan “Academia” e “ScifiWorld Magazine”. Autor do libro “Paul Naschy: La máscara de Jacinto Molina”. En 2010, escribiu e dirixiu o documental “El hombre que vió llorar a Frankenstein”, presentado por Mick Garris. Foi guionista de curtas como “Go Home”, “Thalion Ltd.” ou “Trooper”. Guionista de series como “El Punto Frío”, “#Luimelia”, “Amar es para Siempre” e longametraxes como “Sweet Home, “Estación Rocafort” ou “Apocalipsis Z: El principio del fin”.

ENRIQUE LOJO

Nado na Coruña en 1988. Licenciado en Comunicación Audiovisual pola USC e Máster de Guión de Ficción de Cine e Televisión pola UPSA. Comezou a súa carreira como guionista na Televisión de Galicia, en ficcións como “Luci”, “Serramoura” ou “A Estiba”, entre outras. Vinculado ao ámbito das webseries, formou tándem con David Sainz en varios proxectos, entre os que destacan “Entertainment” (Flooxer) e “Mambo” (Playz). Escribiu thrillers como “A Sala” (HBO) ou “Toy Boy” (Netflix/AtresMedia) e comedias como “Sabuesos” (TVE) ou “O último show” (HBO). Tamén traballou para os departamentos de desenvolvemento de importantes productoras a nivel nacional como Illa Audiovisual, Plano a Plano ou Secuoya Studios. Recentemente estreou en Amazon a serie “En Fin” da que é cocreador xunto a David Sainz.

KIKO PRADA

Nado en Oviedo, Kiko Prada é director, productor e guionista de cine e televisión, dirixiu os documentais “Queridos Monstruos” (2014) e “Vicente Aranda: 50 años de cine” (2013). Ademáis de producir e dirixir dúcias de curtametraxes. Presentará no festival a película “Historias de Halloween”

Máis nomes por confirmar.