
DAS CABINET DES DR. CALIGARI
Robert Wiene
Alemania | 1920 | 77 min.
Musicalizada en directo por CASPERVEK
Sentado nun banco dun parque, Francis anima ao seu compañeiro Alan para ir a Holstenwall, unha cidade ao norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor Caligari. Un empregado municipal que lle nega o permiso para actuar, aparece asasinado ao día seguinte. Francis e Alan acoden a ver ao doutor Caligari e a Cesare, o seu axudante sonámbulo, que lle anuncia a Alan o seu porvir: vivirá ata o mencer.
A inauguración de Curtas 2020, Festival do Imaxinario de Vilagarcía de Arousa, celebrará o 23 de outubro o centenario da obra por excelencia do cinema expresionista alemán, O GABINETE DO DOUTOR CALIGARI (Das Cabinet des Dr. Caligari) coa proxección do filme musicalizado en directo polo quintento CASPERVEK, unha das referencias europeas dos cine-concertos, que estreará no evento a reescritura da súa banda sonora orixinal con esta formación.
A entrada será gratuita con reserva previa, debido ao aforo reducido e ás medidas de prevención sanitaria derivadas da situación actual. Pronto vos indicaremos como reservar a vosa entrada.